blogue deanabelenfernandezporral
Encontros virtuais da USC
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 17/05/2023 - 13:56Queres coñecer a USC? Do 16 ao 21 de xuño podes asistir aos encontros virtuais que organiza a USC, onde terás moita información e poderás preguntar o que queiras sobre esta universidade.
Os próximos días actualizarán os horarios para as videoconferencias.
Se estás interesadx en asistir, só tes que premer nesta ligazón.
Que estudar na USC?
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 17/05/2023 - 13:47Como todos os anos, participamos no programa A ponte entre o ensino medio e a USC, e dende esta universidade achégannos información sobre os graos que se poden estudar nos seus campus de Santiago e Lugo, clasificados segundo as distintas ramas de coñecemento.
Podes acceder ao díptico e tríptico que nos envían dende a USC, nos que podes consultar os distintos estudos de grao que podes realizar nesta universidade.
E ti...que queres ser?
17M Día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 17/05/2023 - 06:00Non cabe dúbida que o 17 de maio é un día importante para Galicia, pois conmemórase o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Francisco Fernández del Riego, escritor e impulsor do idioma e a cultura galega durante o século XX.
Alén do anterior, esta data tamén está marcada no calendario pola celebración do Día contra a homofobia, transfobia e bifobia. Foi o 17 de maio de 1990 cando a Asamblea Xeral da Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da lista de enfermidades mentais, sen dúbida, un gran avance social e de apoio aos dereitos da comunidade lgtbi+.
O noso centro caracterízase, entre moitas outras cousas, por ser un centro impulsor da promoción do respecto e valores en todos os ámbitos, entre eles o da diversidade afectivo-sexual, educando a prol da normalización e inclusión. En distintas materias e nas titorías promóvese a transversalidade e trabállase nestas cuestións, destacando o traballo realizado no relativo á afectividade e sexualidade na materia optativa de Educación afectivo-sexual (2º ESO) ou no proxecto competencial centrado na igualdade de xénero (3º ESO), que da man da súa profesora Verónica, axudan a sementar a tolerancia e non discriminación a través da información e o coñecemento.
Sabedores da importancia da visibilización e respecto á diversidade, no centro facémonos eco desta data! Recordade sempre que a diversidade enriquece e o respecto une!
Estilos de comunicación e mediación
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 15/05/2023 - 18:13Hoxe tocou traballar os estilos de comunicación (agresivo, pasivo e asertivo) mediante a dinámica dos xinetes e cabalos.
O alumnado aprende neste caso sobre habilidades sociais, tan importantes na mediación, a través do xogo. Trátase de que sexan consciente da importancia de expresarse de forma adecuada, mantendo o respecto cara si mesmxs e cara os demais.
Ao remate da sesión, reflexionamos sobre o aprendido e aproveitamos para vincular a sesión con dúas datas clave que se conmemoran no mes de maio: o día contra o acoso escolar (2 de maio) e o día contra a lgtbifobia (17 de maio). Así, como tratamos aos demais importa, e debemos ser consciente do trato que conferimos e a posición que adoptamos fronte ao acoso, que en moitas ocasións se pode ver motivado por cuestións como a identidade e orientación sexual. Interelacionar estes temas coas habilidades sociais e con casos reais acontecidos na crónica social no curso actual serviunos de base para a aprendizaxe e adquisión de valores.
Practicando a mediación
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 15/05/2023 - 17:47Seguimos a traballar na mediación nos grupos de 1º ESO, aprendendo a mediar a través de casos prácticos.
O alumnado representa un conflito que puidera ser real, tratando de resolvelo e chegar a un acordo simulando o proceso de mediación. Así, adquiren habilidades na solución de conflitos e aprenden as fases do proceso de mediación de forma divertida.
Ciberasesor@s: creando!
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 02/05/2023 - 04:58Logo dunha primeira fase de motivación na que se presentou o programa Ciberasesor@s ao alumnado de 2º ESO e se traballaron na aula os distintos riscos asociados a internet e as redes sociais, atopámonos en fase de traballo dos distintos equipos.
O alumnado recibiu formación específica por parte dos seus titorxs e/ou orientadora, ao longo de varias titorías nas que se falou de privacidade na rede, ciberadicción, ciberacoso, sexting, grooming....Aprenderon mediante sesións guiadas e pensadas para favorecer a reflexión, intercambiando ideas e debates xurdidos ao longo de distintas actividades nas que se empregaron vídeos, xogos, fichas, artigos de actualidade....
Tras a aprendizaxe e a creación de equipos de Ciberasesor@s, cada un deles está a traballar sobre un risco asociado ás novas tecnoloxías e elaborando os seus traballos para despois asesorar a outrxs compañeirxs.
Como vedes, pásano moi ben traballando xuntxs!
Emocións e relaxación
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 02/05/2023 - 04:42Dedicamos algunhas sesións á educación emocional, impartidas por Begoña, unha antiga docente do centro, e das que puideron disfrutar o alumnado de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º FPB e 1º APSD.
Nun mundo no que todo vai rápido e as responsabilidades e o estrés parecen ser o eixo dominante, é complexo tomar conciencia dun mesmx ou de como nos sentimos. Dedicarse tempo a un mesmx parece quedar relegado a un segundo plano, a pesar de ser moi necesario. Así, debemos coidar de nós para ser quen de estar ben e dar o mellor de nós mesmxs aos demais. Xa que logo, traballamos neste obradoiro as emocións, tomando conciencia de como nos sentimos para despois poñer en práctica a relaxación muscular progresiva.
Deste xeito, aprendemos técnicas útiles para a vida diaria e que de seguro nos farán sentir moito mellor! Velaquí podedes ver o vídeo da actividade.
O alumndo quedou moi satisfeito e relaxado!
Adiccións: mitos e peligros
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 02/05/2023 - 04:25O pasado xoves visitounos Silvia, traballadora de Proxecto Home, que desenvolveu un obradoiro con alumnado de 1º Formación Profesional Básica e 4º da ESO.
O alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo da entidade, que se encarga do tratamento, rehabilitación e reinserción sociolaboral de persoas con problemas de adicción.
Os menores recibiron ademais formación sobre as adiccións, tanto con substancia como sen ela, descubrindo os principais mitos e peligros das mesmas. Todo elo coa finalidade favorecer a prevención, fomentando a responsabilidade na toma de decisións e promovendo un ocio saudable.
Prevención de adiccións con substancia
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 02/05/2023 - 04:08O alumnado de 2º da ESO estivo a falar con Begoña sobre o tabaco, alcohol e outras drogas, nunha xornada dedicada á prevención de adiccións con substancia. Nas sesións, analizaron os mecanismos que xeran dependencia así como os motivos polos que o consumo de drogas resulta prexudicial para a saúde.
No caso de substancias como o alcohol ou o tabaco, o seu consumo está moi vinculado ao ocio e mesmo normalizado na nosa sociedade, ao tratarse de drogas legais e permitidas a partir da maioría de idade, o que facilita o acceso ás mesmas. Por isto, se cabe, é máis relevante tomar conciencia e dispor de información que permita aprender a dicir non.
Prevención de adiccións con substancia
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 02/05/2023 - 03:53O alumnado de 2º ESO asistiu a unha sesión para concienciar da prevención de adiccións con substancia. Falaron con Begoña sobre o alcohol, tabaco e outras drogas, analizando os mecanismos que actúan na xeración da dependencia así como os motivos de que estas sexan perxudiciais para a saúde.
Con todo, e pese a ser substancias nocivas, algunhas delas como o alcohol ou o tabaco están moi vinculadas ao ocio e integradas de forma normalizada na sociedade, o que sumado a que son legais e poden ser consumidas a partir da maioría de idade, facilita o acceso ás mesmas. Por isto, é fundamental coñecer os contras destas substancias, para que o alumnado decida de forma consciente e saiba dicir non.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »