blogue deanabelenfernandezporral
Charla sobre o acoso escolar (2º ESO)
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 05/02/2023 - 06:09Esta semana, a Garda Civil volveu visitar o noso centro, nesta ocasión para volver falar sobre o acoso escolar co alumnado de 2º da ESO, continuando así coas charlas do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos.
Día da Paz - 30 xaneiro de 2023
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 30/01/2023 - 16:42No centro leváronse a cabo distintas actividades con motivo da conmemoración do Día da Paz. Dende a comisión de convivencia propúxose celebrar a data aprendendo sobre o Nobel da Paz, ao tempo que cada aula escolleu o seu propio compañeiro/a merecedor/a do premio no seu grupo, por ser exemplo de convivencia.
Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2023
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 22/01/2023 - 17:37Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
- CICLOS MEDIOS: Entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos
- CICLOS SUPERIORES: Entre o 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
DATAS DOS EXAMES:
- PROBAS CICLOS MEDIOS: 25 de maio de 2023
- PROBAS CICLOS SUPERIORES: 20 de abril de 2023
REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
- CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2023
- CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2023.
EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 (adxunta)
Unha antiga alumna orienta ao alumnado
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 22/01/2023 - 06:23O xoves 19 de xaneiro recibimos a visita de Iria, antiga alumna do centro, que tivo unha charla co alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, para contarlles a súa experiencia e intercambiar opinións.
Iria, que realiza o grao de Dereito, rematou estudos no noso centro hai dous cursos. Agora, volveu ao instituto pero para charlar co alumnado sobre a súa experiencia unha vez rematados os estudos secundarios. Faloulles sobre a importancia de ser constantes no estudo e do hábito de traballo na ensinanza superior, os cambios e diferencias entre os estudos secundarios e universitarios, como é a vida académica na universidade, a relevancia de cultivar a vida social e tecer redes que sirvan de apoio nos estudos superiores, os programas para estudar no estranxeiro, a vida lonxe da casa....preguntando o alumnado as súas dúbidas e inquedanzas, que foron resoltas pola antiga alumna.
Sobre todo, a compañeira incidiu en como un vai medrando e se ten que facer independente, asumindo as súas propias responsabilidades. Pero tamén insistiu na importancia de loitar por aquelo que un quere, animando ao alumnado fronte ás adversidades que vaian atopando a medida que van madurando. Sen dúbida foi unha visita que gustou moito ao alumnado, ao ter referencias de primeira man dunha igual que hai pouco pasou polo mesmo que eles/as están a vivir agora.
Grazas pola visita Iria! Desexámoche moita sorte!
Charla sobre o acoso escolar (1º ESO e FPB)
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 22/01/2023 - 06:04Iniciamos esta semana dando comezo ás charlas do Plan director da convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, impartidas pola Garda Civil.
Para comezar, visitounos un axente da zona que estivo a falar co alumnado de 1º da ESO e de 1º e 2º de Formación Profesional Básica sobre o acoso escolar (bullying). Ademais de centrarse no concepto e consecuencias, o axente puxo o foco no rol que xoga cada un dos actores participantes e o papel clave dos espectadores para frear os abusos. Asemade, resaltouse na sesión a responsabilidade legal dos menores nos seus actos, ben sexan por comisión de acoso escolar ou outros delitos.
Pronto nos volverán visitar para seguir falando deste tema en 2º ESO.
Obradoiros de educación afectivo-sexual
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 18/12/2022 - 19:09Como cada curso visitáronnos do centro Quérote Máis para impartir uns obradoiros de educación afectivo-sexual co alumnado de 3º ESO e 1º e 2º de Formación Profesional Básica.
Sen dúbida, unha actividade moi necesaria en plena etapa de cambios e descubrimentos, onde se aborda non só a prevención, senón tamén a diversidade e o respecto á mesma.
Obradoiro de educación afectivo-sexual
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 18/12/2022 - 19:06Como cada curso, visitáronnos do centro Quérote Máis para impartir uns obradoiros de educación afectivo-sexual co alumnado de 3º ESO e Formación Profesional Básica, abordando non só a prevención senón tamén a diversidade e o respecto á mesma.
Sen dúbida, uns obradoiros moi necesarios en plena etapa de cambio e descubrimento.
Encantado de coñecerme!
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 18/12/2022 - 18:58Damos por rematado o obradoiro Encantado de coñecerme!, impartido por Acode Educa durante os meses de novembro e decembro.
Un ano máis, descubrimos as nosas fortalezas e potencialidades, aprendendo de forma dinámica e divertida.
De seguro repetiremos o próximo curso!
"Soy yo" - Día das capacidades diversas
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 04/12/2022 - 07:58Nesta ocasión toca agradecer ás profesoras e alumnas do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que con motivo da conmemoración do Día da diversidade funcional, que se celebra o 3 de decembro, prepararon un obradoiro denominado Universo Inclusivo do que puideron desfrutar o alumnado de todos os grupos e etapas do centro.
O alumnado debía responder unha serie de preguntas tan só visulizando distintas fotografías de persoas con diversidade funcional e de avanzada idade, para posteriormente cotexar as respostas unha vez proporcionada información sobre esas persoas. As compañeiras incluiron tamén a canción "Soy yo" na actividade, que fala da importancia do respecto e autodeterminación no caso das persoas con diversidade funcional. Ademais das fotografías, podedes disfrutar da canción completa neste enlace. Foi unha xornada de reflexión, na que todos os participantes tiveron premios e moita aprendizaxe.
Datas ABAU 2023
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 15/11/2022 - 04:41A CIUGA ven de publicar as datas de realización dos exames da ABAU para o 2023.
- Convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño
- Convocatoria extraordinaria: 11, 12 e 13 de xullo
Nesta ligazón pódense consultar as notas de corte das titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »