blogue deanabelenfernandezporral
Ciberasesor@s 2021-2022
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 16/06/2022 - 12:39Ao igual que noutros cursos, o alumnado de 2º da ESO estivo a traballar cos seus titores/as sobre o uso de internet e redes sociais, as súas vantaxes e tamén os riscos ou perigos que se esconden na súa utilización e dos que moitas veces non somos conscientes. Elaboraron por grupos unha serie de traballos, nos que abordaron o ciberacoso, o sexting e sextorsión, a ciberviolencia de xénero, o grooming, o pishing, o sharenting e o vamping e ciberadicción. O alumando tamén fixo unha análise das principais redes e o comportamento que temos nas mesmas, concluíndo a importancia de manter o respecto e convivencia positiva no mundo virtual.
Estes traballos foron presentados no grupo-aula e posteriormente ao alumnado de 1º da ESO, levando a cabo a labor de ciberasesoramento cos compañeiros/as do curso inferior.
Como colofón, o grupo encargado de traballar sobre as recomendacións para o bo uso das novas tecnoloxías, repartíu os folletos que elaboraron con unha serie de consellos para o uso seguro de internet e redes sociais. Nesta ligazón, podedes ver o vídeo da labor de asesoramento ao alumno máis novo do centro.
Semana da Administración Aberta 2022
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 09/06/2022 - 15:14O próximo 28 de xuño o Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) da Universidade da Coruña participa na Semana da Administración Aberta 2022 dirixida á comunidade educativa en xeral.
Prazo de inscrición: ata o 23 de xuño.
Podes consultar toda a información na ligazón.
Prazos de admisión para Formación Profesional e cursos de especialización para 2022-2023
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 09/06/2022 - 14:53A Consellería de Educación publicou no día de onte os calendarios cos prazos de admisión para as ensinanzas de Formación Profesional (réxime ordinario e de adultos), para FP dual e para os cursos de especialización.
Podes consultar as datas na ligazón.
Sesión sobre violencia de xénero
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 09/06/2022 - 14:36Nesta semana, o alumnado dos ciclos formativos de Soldadura e Atención a persoas en situación de dependencia, participou nunha sesión sobre violencia de xénero impartida por un policía experto na materia.
Coa súa intervención, o axente explicou ao alumnado cales son os signos de maltrato e os distintos tipos de violencia (visible e invisible, explícita e sútil), así como as posibilidades de intervención das autoridades en cada caso. Abordouse o concepto de violencia de xénero, distinto doutros como violencia doméstica, enmarcando o tema dende unha perspectiva legal, na que o alumnado puido coñecer tamén as consecuencias do maltrato para os agresores. Na sesión, de dúas horas de duración, tamén houbo tempo para comentar sobre o sexting e os seus riscos, así como as implicacións legais da difusión de material íntimo de terceiras persoas.
O alumnado amosou moito interese na temática e participou activamente na sesión, conectando co axente e a súa labor.
Presentación ciclos formativos da familia agraria
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 09/06/2022 - 14:22Nesta semana recibimos a visita do IES de Arzúa, que presentaron ao alumnado de 4º da ESO e da Formación Profesional Básica os ciclos de formación profesional da familia agraria que se imparten no seu centro:
Ciclo básico de agroxardinería e composicións florais
Ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural
Ciclo medio de Producción agroecolóxica (modalidade dual)
Ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural
O alumnado tivo a oportunidade de coñecer que se aprende a facer neses estudos e as saídas laborais dos mesmos nunha sesión moi amena.
Premios extraordinarios da ESO. Curso 2021-2022
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 01/06/2022 - 08:08A Consellería de Educación ven de publicar esta semana a Orde do 23 de maio de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022. A finalidade dos mesmos é recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou a etapa cun excelente resultado académico en Galicia.
Cineforum: Tomboy
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 31/05/2022 - 13:41Continuamos a sensibilizar sobre a diversidade afectivo-sexual. Desta volta visionamos en varias aulas a película Tomboy, que conta a historia de Laure, unha rapaza que se muda coa súa familia ás aforas de París e que viaxa non só a outro lugar, senón tamén cara o seu propio autodescubrimento.
O alumnado de 4º da ESO puido desfrutar e comentar sobre a película en titorías, mentres que o alumnado de 2º da ESO fixo o propio na materia optativa de Diversidade afectivo-sexual, integrando a actividade no currículo escolar.
Sen dúbida, e como o profesorado puido constatar no debate posterior, o alumnado empatizou co protagonista, o que dá conta da importancia destas actividades e de seguir a educar no respecto e tolerancia á diversidade de calquera tipo.
O filme recibíu moi boas críticas e é unha gran recomendación! Se tedes curiosidade e estades desexando vela, a peli está dispoñible na biblioteca do centro!
Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo - Curso 2022/2023
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 26/05/2022 - 17:12Pódense solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o próximo curso 2022-2023.
Prazo de solicitude ata o 30 de setembro de 2022.
Para máis información consulta a convocatoria no documento que se xunta ou preme na ligazón
Camballón intercultural
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 26/05/2022 - 17:05No instituto, sabedores/as da importancia e o enriquecemento que supón contar con alumnado de distintas procedencias e culturas, démoslle visibilidade ás mesmas nun traballo elaborado polo alumnado de Formación Profesional Básica, que indagaron sobre os lugares de orixe dos compañeiros/as do centro e os plasmaron nun mapamundi que pode ser visto de camiño á cafetería.
Mediación: roleplaying
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 26/05/2022 - 11:11Continuamos coa posta en práctica da mediación! Nesta ocasión con un conflito xurdido a raíz dun videoxogo.
Recordamos as fases da mediación, e despois de organizar o escenario, o alumnado levou a cabo a dramatización, contando coa axuda do grupo-clase para resolver o problema.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »