Estilos de comunicación e mediación
Hoxe tocou traballar os estilos de comunicación (agresivo, pasivo e asertivo) mediante a dinámica dos xinetes e cabalos.
O alumnado aprende neste caso sobre habilidades sociais, tan importantes na mediación, a través do xogo. Trátase de que sexan consciente da importancia de expresarse de forma adecuada, mantendo o respecto cara si mesmxs e cara os demais.
Ao remate da sesión, reflexionamos sobre o aprendido e aproveitamos para vincular a sesión con dúas datas clave que se conmemoran no mes de maio: o día contra o acoso escolar (2 de maio) e o día contra a lgtbifobia (17 de maio). Así, como tratamos aos demais importa, e debemos ser consciente do trato que conferimos e a posición que adoptamos fronte ao acoso, que en moitas ocasións se pode ver motivado por cuestións como a identidade e orientación sexual. Interelacionar estes temas coas habilidades sociais e con casos reais acontecidos na crónica social no curso actual serviunos de base para a aprendizaxe e adquisión de valores.