Skip to Content

Conferencias, Eventos, Indice, Practicas, Prensa

Aplicacións do método de mínimos cadrados ao tratamento de datos experimentais.

Os profesores do departamento de matemáticas do noso IES, José Luis Iglesias, María Macía e Teresa Díaz, impartiron un seminario de estatística aplicada para tratamento de datos experimentais ao alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Este 17 de abril viron os fundamentos matemáticos da regresión lineal, polinomial, exponencial e potencial empregando o método de mínimos cadrados. Recordaron os exemplos de axustes lineais e non lineais xa vistos para os datos obtidos por eles mesmos e viron a súa análise matemática. 

Álbum: Sen categoría -> 24 matemáticas

Práctica de PCR

Este 10 de abril de 2024 o alumnado de STEMBach do noso instituto realizou unha práctica de PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) para confirmar ou desmentir que as mostras de carne de porcino ou polo son ou non destas especies animais. O alumnado visualizou os resultados por fluorescencia empregando o kit DNA-meat de Xuvenciencia.

Esta práctica foi dirixida por Xoán Carlos Rodríguez no laboratorio de microbioloxía, despois de que a pasada semana este mesmo alumnado extraese as mostras de ADN dos diferentes tipos de carne de animais. 

Álbum: Sen categoría -> 24 pcr2

Extracción de ADN e electroforese

O docente da Familia Química do noso IES, Xoán Carlos Rodríguez, supervisou este mércores 3 de abril unha práctica de xenética, empregando o kit DNA-MEAT.

O alumnado de primeiro de STEMBach realizou en primeiro lugar a extracción de ADN mediante o método de Chelex® dunha mostra problema de polo, porco ou bovino. A continuación realizaron un xel de agarosa por electroforese e visualizaron un xel obtido por migración polo alumnado de LACC.

O mércores da vindeira semana realizarán unha PCR empregando o kit DNA-MEAT de Xuvenciencia do ADN obtido por eles.

Álbum: Sen categoría -> 24 pcr

Bioética

Este 12 de marzo o alumnado de primeiro curso de STEMBach asistiu a unha conferencia de bioética impartida polo Doutor en Ciencias da Saúde pola UdC Jonatan Miguel Carrera e polas médicas residentes Julia Aboal Alonso e Natalia Pérez Rodríguez. Tamén asistiron a este acto alumnado de Psicoloxía e profesorado do IES Lucus Augusti.

Nesta interesante ponencia presentáronse feitos coma os experimentos en seres humanos realizados por médicos con persoas en Auschwitz, o estudo Willowbrook nos Estados Unidos, a bomba atómica de Hiroshima e o experimento de Tuskegee en USA. A petición da poboación fóronse lexislando recentemente os conceptos da ética e xurdiron os comités de bioética actuais. A conferencia rematou cunha conversa sobre temas de bioética actuais como a modificación xenética de humanos, a eutanasia e o aborto.

Álbum: Sen categoría -> 24 bioética

Detección e cuantificación de microcistinas en auga

Este mércores 28 de febreiro, os profesores Xoán Carlos Rodríguez e Belén Reija dirixiron un ensaio para a cuantificación de toxinas que producen doenzas hepáticas en augas contaminadas pola cianobacteria Microcystis Aeruginosa.

Para a realización desta práctica, o alumnado empregou o kit MicroCystest, o cal está baseado na capacidade inhibitoria para determinar o contido de microcistinas empregando unha enzima fosfatasa e un substrato colorimétrico específico. En presencia de microcistinas prodúcese unha inhibición da actividade enzimática proporcional á cantidade de microcistinas presente na mostra, é decir, canto maior é a concentración de microcistinas menor é a absorción de luz a 415 nm por parte do substrato colorimétrico. As lecturas realizáronse en placas empregadas para a técnica ELISA (“Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas”). Ademais, puideron ver o funcionamento dun lavador automático destas placas.

A análise e interpretación dos resultados será realizada noutra sesión de prácticas, repasando os axustes lineais e non lineais realizados con profesorado do departamento de Matemáticas do noso IES.

Álbum: Sen categoría -> 24 microcistina

Disección de órganos

Este 21 de febreiro o alumnado de primeiro curso de STEMBach e o de Anatomía de 1º BAC asistiron a unha introducción práctica á disección de órganos, impartida pola profesora en bioloxía do IES Ánxel Fole Lourdes Novoa Álvarez.

Observaron a anatomía externa de diferentes tecidos e órganos, da tráquea, do esófago, da epiglote e do corazón. Deste músculo viron a anatomía externa (aurículas, ventrículos, arterias e venas) e interna (válvula mitral, tricúspide, semilunar…). Distinguiron as tres capas deste órgano vital: pericardio, endocardio e miocardio e as súas funcións. Finalmente, repasaron as causas de importantes enfermedades relacionadas co aparato circulatorio: soplos, infartos, ictus, tromboses, varices, insuficiencias renais, hipertensión, etc.

Álbum: Sen categoría -> 24 Disección
Distribuir contido


by Dr. Radut