Este 8 de novembro, o alumnado de primeiro de STEMbach asistiron a un taller Teórico-Práctico sobre ensaios físicos en madeira, impartido polos profesores Xoán Carlos Rodríguez e José Neira.
Os ensaios físicos desenrolados foron cinco
- Dureza polo método Brinell usando un duorimetro.
- Flexión usando a MUE (Máquina universal de ensaios)
- Resilencia polo método Charpy.
- Resistencia máxima a compresión cun Esclerómetro.
Todos os ensaios foron realizados sobre probetas de madeira, salvo a resistencia máxima a compresión, que foi sobre unha probeta de formigón.
O taller consistiu en dúas partes: primeiro nunha introdución teórica sobre o ensaio e o funcionamento da correspondente máquina e logo un taller práctico donde os alumnos fixeron todos os ensaios.
No ensaio da dureza Brinell usouse un dorometro cunha carga de 100 Kp e un penetrador de bóla de aceiro de 10 mm de diámetro. Logo de calcular o diámetro da pegada, cun calibre, aplícase a fórmula para obter a dureza.
O ensaio de flexión foi realizado na MUE, adaptada para tal ensaio (apoios de rodillos desplazables, onde se apoia a probeta e un punzón, encargado de aplicar a carga) obtendo, directamente na pantalla da máquina a resistencia máxima a flexión da probeta de madeira.
O ensaio de resilencia foi realizado polo método Charpy que consiste en romper dun só golpe, mediante un péndulo, unha probeta entallada no seu centro e fixa para determinar a enerxía absorbida no proceso.
Por último, os alumnos realizaron ensaios cun Esclerómetro sobre probetas de formigón para obter, usando unha táboa de coversión, a resistencia máxima a compresión.
Álbum: Stembach23/25 -> ensaio físicos