Skip to Content

Conferencias, Eventos, Indice, Practicas, Prensa

Práctica 2. Medidas por refractometría e polarimetría das disolucións de sacarosa.

 Este 11 de outubro, o alumnado de primeiro de STEMbach levou a cabo a súa segunda práctica deste curso. Ao igual que na primeira, esta práctica foi supervisada polos profesores Xoán Carlos Rodríguez e Belén Reija.

 O obxectivo desta práctica foi o emprego axeitado dos instrumentos de laboratorio que se basean na refracción da luz e na rotación da luz polarizada. Nesta sesión, a partir das mostras patrón de diferente concentración coñecida de sacarosa preparadas previamente na primeira práctica, o alumnado realizou medidas do índice de refracción con refractómetro de Abbe e do ángulo de rotación óptica. A partir destas medidas obteranse as rectas patrón correspondentes. Ademais, tamén realizaron medidas de concentración de sacarosa destas disolucións co refractómetro de man.

 Finalmente mediron, empregando estas dúas técnicas, dúas mostras problema de concentración descoñecida de sacarosa, da que determinarán posteriormente a súa concentración de sacarosa por medio dos axustes lineais dos seus datos de índice de refracción e ángulo de rotación.

 

 

Álbum: Stembach23/25 -> Prácticas de refractometría e polarimetría

Práctica 1. Preparación de disolucións.

O mércores 27 de setembro o alumnado de STEMbach levou a cabo a primeira práctica deste curso. Esta práctica foi supervisada polos profesores dos ciclos da familia profesional de química do noso IES Xoán Carlos Rodríguez e Belén Reija. 

O obxectivo desta práctica, preparación de disolucións, foi a familiarización do alumnado co material de laboratorio empregado na preparación de disolucións, así como, a realización de cálculos de masas, concentracións e molaridades.

Máis concretamente, o alumnado preparou disolucións de diferentes concentracións de sacarosa (4, 8, 12, 16, 20 e 24 % m/v). Estas disolucións gardadáronse, previamente etiquetadas, no conxelador e, empregaranse na próxima práctica para determinacións analíticas cuantitativas mediante polarimetría e refractometría. 

Álbum: Sen categoría -> 23 disolucions

Acto inaugural Stembach 2023/25.

Este 20 de setembro o investigador do grupo de investigación MORFAN da Universidade de Santiago de Compostela, Pablo Sánchez Quinteiro, inaugurou o Stembach do noso IES coa conferencia titulada “O sistema vomeronasal. Anatomía do sexto sentido”.

O doutor en veterinaria presentou parte da súa traxectoria e investigación académica sobre este descoñecido sentido, que viu  incrementado o seu estudo científico despois das secuelas da COVID-19. O profesor presentou, ademais de fotos e vídeos interesantes da anatomía deste sistema en diferentes seres vivos, as mulleres científicas referentes neste eido. Finalmente, o alumnado de Stembach de primeiro e segundo curso amosou o seu interese por este tema de investigación facendo numerosas preguntas ao relator.

Álbum: Sen categoría -> 23 presentacion STEM
Distribuir contido


by Dr. Radut