Skip to Content

Detección e cuantificación de microcistinas en auga

Este mércores 28 de febreiro, os profesores Xoán Carlos Rodríguez e Belén Reija dirixiron un ensaio para a cuantificación de toxinas que producen doenzas hepáticas en augas contaminadas pola cianobacteria Microcystis Aeruginosa.

Para a realización desta práctica, o alumnado empregou o kit MicroCystest, o cal está baseado na capacidade inhibitoria para determinar o contido de microcistinas empregando unha enzima fosfatasa e un substrato colorimétrico específico. En presencia de microcistinas prodúcese unha inhibición da actividade enzimática proporcional á cantidade de microcistinas presente na mostra, é decir, canto maior é a concentración de microcistinas menor é a absorción de luz a 415 nm por parte do substrato colorimétrico. As lecturas realizáronse en placas empregadas para a técnica ELISA (“Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas”). Ademais, puideron ver o funcionamento dun lavador automático destas placas.

A análise e interpretación dos resultados será realizada noutra sesión de prácticas, repasando os axustes lineais e non lineais realizados con profesorado do departamento de Matemáticas do noso IES.

Álbum: Sen categoría -> 24 microcistina


album | by Dr. Radut