O pasado mércores 13 de Outubro, o alumnado de STEMbach levou a cabo a primeira práctica deste curso. Esta práctica foi supervisada polos profesores dos ciclos da familia profesional de química do noso IES, Xoan Carlos Rodríguez e Inma R. Lahoz.
O obxectivo desta práctica, Preparación de Disolucións, foi a familiarización do alumnado co material de laboratorio empregado na preparación de disolucións, así como, a realización de cálculos de masas, volumes e molaridades.
Máis concretamente, o alumnado en grupos de 3, preparou disolucións de diferentes concentracións de sacarosa (8, 16, 20 e 24 % m/v) e de etanol en auga (5, 10, 15, 20 % v/v). Estas disolucións gardadáronse, previamente etiquetadas, no conxelador e, empregaránse na próxima práctica; as disolucións de sacarosa, para determinacións analíticas cuantitativas mediante polarimetría e refractometría e, as disolucións de etanol, para determinación do grao alcohólico.
Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 1