Skip to Content

Índice, Conferencias, Cursos en liña, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

O cerebro na saúde e na enfermidade

O pasado venres 6 de maio a neurocientífica Sonia Villapol impartiu unha didáctica e amena conferencia titulada O cerebro na saúde e na enfermidade.

A doutora Sonia Villapol é licenciada en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía pola Universidade Santiago de Compostela e doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente, traballa como investigadora principal e profesora no Methodist Hospital, en Texas.

Nunha primeira parte desta conferencia, introduciu brevemente algúns conceptos e curiosidades da fisioloxía do cerebro para, a continuación, comentar as investigacións levadas a cabo no seu laboratorio. Na última parte, a doutora Sonia Villapol, respondeu as preguntas do alumnado de primeiro de StemBach, así como dos asistentes a esta conferencia.

 

 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Conferencia Sonia Villapol

Práctica 15. Cálculos termodinámicos en procesos industriais e domésticos co simulador HYSYS

Este mércores 27 de Abril, o alumnado de primeiro de StemBach levou a cabo unha práctica de Termotécnia mediante o emprego do software HYSYS . Esta práctica foi impartida na Facultade de Ciencias do campus de Lugo, pola profesora do departamento de Química-Física, Aída Jover Ramos.

Máis concretamente, nesta práctica, o alumnado viu os fundamentos do deseño e cálculos dunha bomba de calor para quentar ou arrefriar un local. 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 15

Práctica 14. Disección dun corazón

Este mércores 20 de abril, o alumnado de primeiro curso de StemBach realizou a disección dun corazón de porco baixo a supervisión da profesora de Bioloxía do IES Ánxel Fole, Lourdes Novoa Álvarez.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 14

Determinación de nitratos en auga por espectrofotometría de UV

O pasado mércores 5 de Abril, o alumnado de primeiro de StemBach puxo en práctica os coñecementos adquiridos durante todo este curso, mediante a determinación de nitratos en tres mostras problema de auga. 

Para tal fin, o alumnado preparou cinco disolucións patrón partindo dunha disolución nai de nitrato potásico de concentración 1000 ppm, para posteriormente, medir a absorbancia de cada unha destas disolución nun espectrofotómetro de ultravioleta a 220 nm e 275 nm,  obtendo así unha recta de calibrado. 

A continuación, mediron a absorbancia das tres mostras problema de auga a 220 e 275 nm, interpolando os valores de absorbancia obtidos na recta de calibrado previamente calculada e, obtendo así a concentración de nitratos destas mostras. 

Cabe destacar que a absorbancia determínase a estas dúas lonxitudes de onda debido a que a materia orgánica disolta tamén pode absorber a 220 nm e a que os nitratos non absorben a 275 nm. Polo tanto, emprégase unha segunda medición a 275 nm para eliminar a posible interferencia debida á presencia de materia orgánica.

Así mesmo, tamén comentar, que tanto ás disolucións patrón como ás mostras problema de auga se lle ten que adicionar 0,1 mL de HCl 1M para eliminar posibles interferencias do ión carbonato.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 13

Visita aos laboratorios da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo

Este mércores 30 de Marzo, o alumnado de primeiro de StemBach visitou os laboratorios docentes e de investigación da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo.

Esta visita foi guiada pola profesora da área de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Asteria Luzardo. 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Visita Facultade de Ciencias

Retos, paradojas e incertidumbres de una robótica cada vez más dirruptiva y transgresora

O pasado mércores 23 de Marzo o doutor Roberto Iglesias, coordinador do Grao de Robótica e profesor do departamento de Electrónica e Computación da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, impartiu unha amena e didáctica conferencia ao alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Nesta conferencia titulada, Retos, paradojas e incertidumbres de una robótica cada vez más disruptiva y trangresora, o doutor Roberto Iglesias, comezou cautivando o alumnado e docentes presentes na sala, cunha demostración do Robot NAUpara de seguido falar, como ben indica o título da conferencia, dos retos aos que se enfronta a robótica, tanto no sector industrial, introducindo os conceptos de COBOT, xemelgos dixitais, casos de usos (necesidades de reprogramación para adaptación a clientes), como, no sector servizos (agricultura, inspeccións estruturais, asistentes domésticos..), enlazando co grande desafío actual, como é o aprendizaxe (redes neuronais artificias e redes profundas).

Na última parte da conferencia, animou ao alumnado a matricularse no grao de robótica, explicando brevemente o contido das materias de dito grao. 

A conferencia rematou cunha desmostración do Robot Perro.  

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Conferencia Robótica
Distribuir contido


by Dr. Radut