Skip to Content

Índice, Conferencias, Cursos en liña, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

Facing Fire

O mércores 26 de Xaneiro, Beatriz Omil, doutora do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, impartiu unha conferencia e un pequeno obradoiro do programa "Facing Fire". Neste programa e nas súas versións anteriores (Plantando cara ó lume e Plantando cara al fuego) o centro leva participando dende o curso 2016/17.

Esta charla comezou introducindo o proxecto de innovación Facing Fire, o cal integra procesos de aprendizaxe con servicios á comunidade, realizando actividades con centros educativos e asociacións forestais.

A continuación, a doutora Beatriz Omil presentou brevemente as características, consecuencias, así como, a prevención dos lumes. E no caso de ocurrir un lume, os métodos de protección para evitar as perdas de solo.  

Unha vez finalizada a conferencia, Marcos e Eva, alumnos de forestais da Escola Politécnica de Lugo e, Ángela, alumna de segundo de ciclo superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade do noso IES, os cales participaron en anos anteriores neste programa, contaron a súa experiencia e animaron ao alumnado de primeiro de StemBach a paticipar.

Para rematar esta sesión, o alumnado determinou experimentalmente o pH de diferentes solos: dun souto, dun eucaliptal e de 2 solos queimados con diferente intensidade.

 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Conferencia FacingFire

Química e Catálise: Unha viaxe dende Lugo.

Este mércores 19 de Xaneiro, o científico lucense David F. Fernández impartiu unha conferencia dende Nova Jersey titulada: Química e Catálise: Unha viaxe dende Lugo.

David F. Fernández é un xoven científico, doutor en Química pola Universidade de Santiago de Compostela que, dende fai dous anos colabora co actual premio Nobel de Química, David W. C. MacMillan. Cabe mencionar, que este galardón foi otorgado a MacMillan polo papel que desempeñou no desenvolvemento da organocatálise asimétrica.

Ademáis da súa faceta de investigador, David F Fernández é un dos creadores da Sociedade Xuvenil Galega de Química, a cal imparte obradoiros en colexios e institutos.

Nesta amena conferencia, primeiramente, falou sobre o seu percorrido dende Lugo, pasando pola súa etapa de estudante na Universidade de Santiago e como investigador predoctoral no CIQUS, ata a súa actual estancia postdoctoral no grupo de investigación de David W. C. McMillan.

Nunha segunda parte da conferencia, introduciu ao alumnado de primeiro de StemBach, os conceptos de asimetría e catálise, para a continuación, enlazar cos conceptos de catálise asimétrica, e en particular, o da organocatálise, e as ventaxas que presenta esta última frente a catálise metálica ou a biocatálise. 

 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Química e Catálise: Unha viaxe dende Lugo.

Práctica 9. Impresión 3D

A práctica deste mércores 14, correu a cargo do profesor de Tecnoloxía no IES Lucus Augusti, Carlos Cazón. Esta práctica consistiu na introdución á impresión 3D.

O alumnado empezou aprendendo a deseñar pezas vendo algúns programas de deseño: TinkerCAD, FreeCAD e OpenSCAD; este último foi o que utilizaron para a realización de prácticas de deseño.

Deste xeito, despois de ter unha peza creada (un dado) pasaron a utilizar o programa Ultimaker Cura para definir os distintos parámetros de impresión, así como perfilar a figura en capas. A práctica rematou coa impresión desta peza na impresora 3D.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 9

Práctica 8. Traballando con Arduino

O alumnado do Stembach, na sesión do mércores 15, continuaron traballando con Arduino Uno. As prácticas consistiron en programar o encendido de varios LED, nunha primeira práctica os díodos partían dunha secuencia de encendido que se mantiña ata que se pulsaba un interruptor e despois cambiaba, isto conseguíase utilizando a instrución if/else; nunha segunda práctica utilizaron unha LDR para controlar o encendido duns díodos, estableceron tres tramos para o valor da LDR e en función do tramo no que se atoparan encendiase un ou outro díodo. Os valores da LDR víanse a través do monitor serie que permite implementar Arduino. Ó final das prácticas mostrouselles unha placa Arduino con varios sensores conectados para que veran as posibilidades desta ferramenta para desenvolver proxectos en diferentes campos.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 8

Práctica 7. Traballando con Arduino

Na clase deste mércores 1 de Decembro, o alumnado do Stembach fixo prácticas coa placa Arduino uno. O profesor de tecnoloxía do IES Lucus Augusti, Carlos Cazón , explicou o funcionamento desta placa empezando por unha descrición dá mesma, continuando con simulacións de circuítos utilizando o programa Tinkercad e por último montaron eses circuítos utilizando placas protoboard, diodos LED, resistencias e cables eléctricos. A práctica incluía unha introdución á programación co IDE de Arduino.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 7

Práctica 6. Observación ao microscópio de organismos acuáticos

Este mércores 24 de novembro, o alumnado de primeiro curso de STEMbach, realizou a práctica número 6, consistente na observación ao microscopio de organismos acuáticos, nomeadamente, cianobacterias (Mycrocystis Aeruginosa e Nostoc SP) e microalgas (Tetraselmis Suecia). Así mesmo, tamén observaron ao microscopio levadura de panadería.

Esta práctica, levouse a cabo baixo a supervisión dos docentes do noso IES, Ana Rodríguez López, Xoan Carlos Rodríguez e Inmaculada R. Lahoz, contando coa colaboración da investigadora do departamento de microbioloxía da Facultade de Veterinaria, a doutora Saskia Flament, así como, das estudantes en prácticas do máster de profesorado, Nerea Bermúdez, Dafne Díaz e Carmen Alfonso. 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 6
Distribuir contido


by Dr. Radut