Skip to Content

Índice, Conferencias, Cursos en liña, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

Presentación de proxectos STEMbach 2021-2023.

O pasado luns, 13 de Febreiro, tivo lugar no salón de actos do noso IES a exposición e defensa dos proxectos de segundo de STEMbach (promoción 2021 – 2023). O tribunal avaliador estivo formado por Xoán Carlos Rodríguez, Carlos Cazón e Carlos Herrero.

Os sete proxectos, os cales foron expostos e defendidos ante as preguntas do tribunal cun nivel excepcional, foron os seguintes: “creación dun MDT a partir da tecnoloxía LIDAR, instalada nun UAV” por Santiago Rouco e Roi Pérez; “xeometrías non euclidianas” por Adrián García; “diferencias dos nanocompostos entre o mundo do laboratorio e o mundo industrial” por Sergio Gómez; “cuantificación de proteínas na carne de polo utilizando o método de Lowry” por Aman Santana; “recoñecemento facial” por Xonxa López e Laura Ballesteros; “creación de redes neuronais artificiais para o control intelixente de robots” por Manuel José López e Samuel Fernández; “determinación de sexo en aves mediante técnicas de bioloxía molecular” por Lara Somoza, Marta Rivera e Iria Fernández.

O alumnado obtivo a máxima cualificación e recibiu os seus diplomas de asistencia e aproveitamento.

 

Álbum: Sen categoría -> defensa 23

Visita ó CETIM e MUNCYT do alumnado de StemBach

O pasado venres día 3 pola mañá, o noso alumnado STEMBach de 1º curso visitou as instalacións do Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial (CETIM).
Alí observaron e comprobaron os ensaios que se fan para investigación en materiais lignocelulósicos, materiais poliméricos e revestimentos, materiais de construción sostibles, materiais para o almacenamento de enerxía, tratamento de augas e do aire, biorrefinerías, etc.
Tamén viron os laboratorios de Servizos tecnolóxicos: análise ambiental, análise e caracterización físico-química e microbiolóxica, envellecemento, laboratorio de construción.

Pola tarde, visitaron as instalacións do MUNCYT, nas que viron, entre outros obxectos de interese, un dos primeiros microscopios de efecto túnel, a cabina dun Boeing 747 e unha locomotora de vapor.

Álbum: Sen categoría -> Visita Stembach ó CETIM e MUNCYT

Práctica 16. Glosario Científico

O pasado xoves 19 de maio o alumnado de primeiro de StemBach levou a cabo a realización dun glosario científico redactado en varios idiomas. Máis concretamente, seleccionaron, de varios guións de prácticas realizadas ao longo do curso, termos útiles no eido da ciencia e da tecnoloxía e traducíronos dende o galego ao castelán, inglés, alemán e francés. 

Esta práctica foi impartida e supervisada polas profesoras do noso centro María del Mar Álvarez Álvarez, do Departamento de Inglés, e Silvia Becerra Aldrei, do Departamento de Alemán. 

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Práctica 16. Idiomas

Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas

O enxeñeiro aeronáutico Héctor Salvador Fouce impartiu este xoves 12 de maio unha conferencia co título Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas.

Héctor Salvador Fouce, actualmente director de operacións de Triton Submarines EMEA, foi o primeiro español en descender ao Abismo da Seara na Fosa das Marianas, a 10706 m de profundidade.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23. Conferencia Baixada á Foxa das Marianas

Una breve historia de las matemáticas y sus aplicaciones

Este mércores 11 de maio o doutor David Gómez-Castro, o cal actualmente está a realizar unha estancia postdoutoral na Universidade de Oxford, impartiu unha didáctica conferencia titulada Una breve historia de las matemáticas y sus aplicaciones.

Nesta conferencia, o doutor David Gómez-Castro deu unha visión xeral das matemáticas dende o 40000 a.C. ata o día de hoxe. Na última parte desta conferencia introduciu os distintos grupos de investigación de matemática aplicada da UCM (Universidade Complutense de Madrid), na que traballa como profesor asociado e, finalmente, respondeu ás preguntas que lle xurdiron ao alumnado de primeiro de StemBach trala conferencia.

Álbum: Sen categoría -> StemBach 21-23.Conferencia Una breve historia de las matemáticas y sus aplicaciones
Distribuir contido


by Dr. Radut