O venres, 1 de febreiro de 2013 celebraremos o IV Encontro musical co IES “Mestre Landín” de Marín. Este ano, ademais, participaremos no Festival que realiza o alumnado de 4º de ESO coa finalidade de recaudar fondos para a súa excursión.
O venres, 1 de febreiro de 2013 celebraremos o IV Encontro musical co IES “Mestre Landín” de Marín. Este ano, ademais, participaremos no Festival que realiza o alumnado de 4º de ESO coa finalidade de recaudar fondos para a súa excursión.
Do 10 ó 16 de xaneiro
Aberto o prazo de matrícula en 2º e 4º de ESO de Educación de Adultos
O grupo da Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada: “Avelaíñas teatro”, representa a súa primeira obra: “Viaxe ao país da fantasía”.
O grupo está formado por 39 alumnos e alumnas de distintos niveis educativos, dirixidos polo profesor Afonso García.
A obra, de 50’ de duración, é unha creación colectiva de teatro infantil-familiar, un heteroxéneo universo de situacións con fantasía, humor e reflexión. Catro historias que se entretecen a través da conexión co público e que teñen como temática o coidado e conservación da natureza.
Representacións (de balde):
- 18 de decembro ás 20 horas no Salón de Actos do IES Antón Losada
- 19 de decembro ás 21 horas no Teatro Principal da Estrada
- 20 de decembro en dúas sesións, ás 11 e ás 12, no Colexio de Figueiroa para o alumnado do Centro.
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) réndelle unha homenaxe pública este mércores, 12 do 12 do 2012.
O Club de Lectura Retelladores do Galiñeiro súmase a iniciativa, convidando a todos os membros da comunidade educativa do IES Antón Losada a recitar o poema Deitado frente ao mar, na Biblioteca... ás 12.
|
|
|
O pasado 22 DE NOVEMBRO o departamento de MATEMÁTICAS organizou unha charla con Campeón do Mundo de Cálculo Alberto Coto. Asisitiron os alumnos e as alumnas de 1º, 2º e 3º ESO que disfrutaron coa rapidez de cálculo de Alberto. |
||
Para saber máis sobre Alberto Coto: http://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_Coto_Garc%C3%ADa A súa páxina oficial: www.albertocoto.com Se tes interese en conseguir o libro publicado por Alberto Coto onde explica algúns dos seus trucos, podes porte en contacto con calquera dos profesores de matemáticas. |
XOVES 22 DE NOVEMBRO 2012 HORA: 9:30 - 10:30
CURSOS: 1º ESO - 2º ESO - 3º ESO |
|
Para saber máis sobre Alberto Coto: http://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_Coto_Garc%C3%ADa A súa páxina oficial: www.albertocoto.com |
O departamento de Filosofía do IES Antón Losada Diéguez organiza un ciclo de charlas que teñen por obxeto reflexionar sobre os cambios políticos que veñen producíndose ao longo das últimas décadas en todo o mundo. As novas realidades sociais e políticas xurdidas da globalización e da multiculturalidade supoñen un importante desafío para as sociedades democráticas, e de aí nace a necesidade de pensar políticamente o presente.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |