Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) réndelle unha homenaxe pública este mércores, 12 do 12 do 2012.
O Club de Lectura Retelladores do Galiñeiro súmase a iniciativa, convidando a todos os membros da comunidade educativa do IES Antón Losada a recitar o poema Deitado frente ao mar, na Biblioteca... ás 12.