PROCESO DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2024

Xa está iniciado o proceso de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

 

Os postos que van ser renovados son os seguintes:

Profesorado: 5 representantes.

Alumnado: 2 representantes.

Nais e pais: 2 representantes.

Persoal de administración e servizos: 1 representante

 

O prazo de presentación de candidaturas remata o luns 11 de novembro de 2024 ás 14:00 horas e dita presentación debe facerse na Secretaría do centro.

A votación de todos os sectores celebrarase o xoves 21 de novembro de 2024 agás a do sector do alumnado que terá lugar o venres 22 de novembro de 2024

INSCRICIÓN NA ANPA DO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

A ANPA do IES ANTÓN PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ recorda a todo o alumnado e as familias a importancia de asociarse á mesma. 

Poddescargarse a solicitude de inscrición AQUÍ.

Correo electrónico: anpaantonlosada@gmail.com

COMEZO DAS ENSINANZAS A DISTANCIA (DAW e CIBER) - CURSO 2024/2025

O comezo das ensinanzas a distancia terá lugar:

  • Ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións web (DAW): 16 de setembro.
  • Curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (CIBER): outubro (pendente de confirmar día).

A plataforma de FP a distancia estará accesible na seguinte ligazón: fpadistancia.edu.xunta.gal

Na semana do 16 de setembro deberías ter acceso á plataforma de FP a distancia e a todos os módulos nos cales estás matriculado/a.

A conta para acceder á plataforma ten un formato ue000000, onde o número é un código personalizado para cada alumno/a. Se non dispós dese usuario, revisa o email proporcionado durante a matrícula, xa que tiveches que recibir nalgún momento un correo para a activación da conta @edu.xunta.gal. Mentres a conta non se active, non é posible entrar na plataforma de FP a distancia.

Se tes problemas de acceso coa túa conta, podes xestionala na aplicación edu.xunta.gal/contausuario. Se aínda así non es capaz de solucionalo, podes chamar á Unidade de Atención a Centros (UAC) ao teléfono 881 99 77 01.

Para modificar datos persoais, debes facer uso da aplicación edu.xunta.es/datospersoais.

HORARIOS COMEZO DE CURSO 2024-2025

Estes son os horarios do comezo do curso 2024/2025

O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo, Dto. de Orientación e os titores e titoras correspondentes no salón de usos múltiples.

Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada.

Os seguintes ciclos, da modalidade a distancia, non terán presentación presecial:

-Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

-Ciclo Superior de Desenvolvemento de aplicacións web (DAW)

Descarga horario AQUÍ

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN VISITA AS OBRAS DO NOVO TALLER DE MADEIRA DO LOSADA

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou hoxe o avance das obras de ampliación do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.“Esta nova infraestrutura vai permitir dotar á FP na Estrada de máis e mellores espazos, dando pulo a unha familia profesional que alimenta un sector produtivo que é referente neste concello”, destacou o conselleiro. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou que, a través da FP Dual, o centro ten asinados convenios con empresas do sector como Estelar, Santos ou Finsa, de tal xeito que os alumnos realizan parte da súa formación en centros de traballo reais.

Pode consultar máis información AQUÍ.

A noticia no Faro de Vigo e Voz de Galicia.

 

ÁBRESE PRAZO DE MATRÍCULA 2024/2025 PARA ESA E BACHERELATO DE ADULTOS

A oferta de ensinanzas de persoas adultas para o curso 2024/2025 será:

  • ESA Módulo 3 e Módulo 4 semipresencial.
  • Bacharelato de adultos semipresencial.

Os prazos de matrícula son:

  • ESA Módulo 3desde o 2 de setembro 2024 ata o 17 de xaneiro 2025.
  • ESA Módulo 4: desde o 3 de febreiro 2025 ata o 25 de abril 2025. 
  • Bacharelato de adultos: do 2 ao 20 de setembro 2024. 

A matrícula debe facerse na secretaría do centro entre as 9 e as 14 horas.

A REVISTA DO LOSADA E UN ANO DE MOITO TEATRO CON AVELAÍÑAS

Nas últimas semanas do curso xa puidemos gozar coa edición impresa da revista publicada polo EDLG. E podemos seguir desfrutando dela  na versión dixital a toda cor. ELOGHO? é para tí.

 

Outra das iniciativas destacadas do EDLG foi a posta en marcha, un ano máis, da Aula de teatro Avelaíñas do Losada. Foi este un curso moi intenso e produtivo. En novembro participou xa no certame de teatro escolar Olimpio Arca, poñendo en escena unha das pezas de Made in Galiza de Séchu Sende: Eu tamén fixen ouija con Castelao. Aquí info.

E despois de moitas xornadas de traballo, todos os martes ao mediodía, o grupo, dirixido por Fran Campos presentou o proxecto deste curso, a Pelexa no Souto, de Olimpio Arca Caldas, obra escrita nos anos 70, de temática ecoloxista, que segue a estar moi de actualidade. Podes ver información sobre a súa estrea e funcións AQUÍ.

E para que poidas gozar completamente, aquí deixamos un vídeo coa posta en escena da obra:

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2024

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ PON REMATE ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO 2024-2025 CO ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Este curso, por terceiro ano consecutivo, realizouse un acto formal de despedida do alumnado dos ciclos medios e superiores da Formación profesional do IES Pl. Antón Losada Diéguez.

A este acto estaban convocados/as os alumnos e alumnas que rematan os estudos dos ciclos
 
CICLOS MEDIOS:

-Sistemas microinformáticos e redes
-Carpintaría e moble
-Electromecánica de vehículos automóbilies

CICLOS SUPERIORES:

-Administración e finanzas
-Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma(dual)
-Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

-Ciclo superior deseño e amoblamento (dual)


Todos pertencentes as familias profesionais que se imparten no centro: Administrativo, Automoción, Informática e Madeira.
O acto tivo lugar o venres 28 de xuño  no salón de actos. Contou coa intervención do director do centro.
Entregouse un diploma conmemorativo a cada alumno/a xunto coa fotografía de recordo da promoción.
Ao rematar compartiron un aperitivo o alumnado e profesorado asistente na cafetería do centro.

As fotos da despedida poden verse picando na imaxe: 

DESPEDIDA ALUMNADO CICLOS FORMATIVOS 2024

PRAZO DE MATRÍCULA PARA ESO E BACHERELATO

Está aberto o prazo de matrícula para a ESO (25, 28 de xuño e 1 e 2 de xullo) e Bacharelato ( 3, 4 e 5 de xullo). A matrícula debe facerse na secretaría do centro entre as 9 e as 13 horas.

 

ENTREGA DE BOLETÍNS CURSO 2023-2024

A entrega de boletíns terá lugar nas seguintes datas e horarios.

ESO E BACHARELATO: Martes 25 de xuño ás 10 h.
CICLOS FORMATIVOS: Venres 28 ás 11:30
Os titores e titoras entregarán os boletíns nas aulas de referencia do alumnado,

Recórdase que os días 26 e 27 de xuño o centro permanecerá pechado