Celebramos as dúas festas propias do outono con moita animación e participación de toda a comunidade educativa.
O pasado 3O de outubro, baixo a iniciativa do EDLG e da Biblioteca realizouse a segunda edición do Samaín do terror. Volveu OSIÑOS co seu photocall, no que moitos e moitas se retrataron escollendo algunha das ocorrentes e divertidas frases que había para elixir, e que foron preparadas polo alumnado de 4º D. Poden verse as mellores imaxes AQUÍ.
E o venres 8 de novembro tivemos a tradicional cita coa festa do magosto. O alumnado de 4º ESO B/D organizou unha estupenda xornada na que, ademais das castañas asadas, que non podían faltar, tivemos ocasión de gozar con todos os xogos e entretementos que preparara a organización. A actividade rematou co reparto dun rico chocolate quente que puxo un doce final á festa. Poden verse as mellores fotos e vídeos AQUÍ.
Parabéns aos grupos organizadores polo seu gran traballo e a toda a comunidade pola súa colaboración e participación exemplar.