A Comision interuniversitaria de Galicia acaba de publicar os novos modelos de exames para as probas da ABAU 2021 que manteñen, con lixeiros cambios, a estrutura das probas do presente ano 2020. Poden consultarse no seguinte enlace:
A Comision interuniversitaria de Galicia acaba de publicar os novos modelos de exames para as probas da ABAU 2021 que manteñen, con lixeiros cambios, a estrutura das probas do presente ano 2020. Poden consultarse no seguinte enlace:
Xa podes consultar o horario de titorías do presente curso NESTE ENLACE
O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez repartiu entre o seus alumnos e alumnas cen plantas de fresa para ser cultivadas por eles, nos seus domicilios, dentro do proxecto “Vigilantes del Aire” da fundación IBERCIVIS de Zaragoza, coa que colabora o Instituto Pireanico de Ecoloxía (IPE-CSIC) e a Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FCYT-Ministerio de Ciencia e Innovación). Foi o alumnado de 2º de Bacharelato o encargado de facer chegar as macetas aos seus compañeiros máis novos. A actividade está promovida polo Departamento de Ciencias Naturais do Losada.
As plantas van ser utilizadas para (bio)monitorizar a contaminación ambiental, xa que acumulan nas súas follas as partículas presentes no aire. A concentración dos contaminantes está relacionada co volume de tráfico, sendo os gases dos tubos de escape, o desgaste dos freos e a corrosión do motor as fontes de emisión principais. Dentro de dous meses aproximadamente, cada alumno enviará mostras das follas da súa planta, previamente localizada xeograficamente, para ser analizadas con métodos magnéticos. Os datos obtidos serán comunicados a cada “coidador” e sumaranse aos recollidos noutros dezasete puntos de España para elaborar mapas de contaminación. Con este proxecto amósase como a cidadanía pode contribuír activamente ao coñecemento científico sen necesidade, coma neste caso, de complicados dispositivos electrónicos ou coñecementos previos aínda que si coa responsabilidade e o compromiso de cumprir os requirimentos demandados.
Un curso máis o EDL do Losada ofrece unha ferramenta útil para organizármonos mellor: o calendario mensual, que nesta edición recolle unha personaxe da nosa cultura, cunha cita da mesma, e as datas máis sinaladas e celebracións do mes. Comeza cos meses do primeiro trimestre: outubro, novembro e decembro.
Podes consutalo e descargalo entrando na páxina web do EDL Losada
Despois das obras realizadas este verán no centro, temos unha Biblioteca máis ampla e funcional, pero por causa da situación que vivimos este curso non podemos dispoñer dela no seu uso principal.
Por agora está a ser utilizada como aula e non está aberta ao público. Iso non quere dicir que non poidas pedir libros ou outros documentos para levar. Tés que enviar un correo a bibliolosada@gmail.com solicitando o que queiras, para logo recollello ao día seguinte.
Está todo moi ben explicado no blog da biblio: https://lernolosada.wordpress.com/
Nese mesmo blog poderás ir coñecendo todas as novidades e actividades realizadas na Biblioteca.
O mércores 7 de outubro terá lugar o inicio das clases nos seguintes Ciclos formativos:
CM de Carpintaría e moble.
CM de Electromecánica de vehículos e automoción.
Ese mesmo día comezarán as clases de taller, módulos específicos, da FPB de Mantemento de Vehículos.
Nesta páxina publicaremos calquera posible modificación deste calendario.
O pasado 22 de setembro, e aproveitado o inicio do curso o Claustro do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ aprobou apoiar o seguinte comunicado:
Á atención da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia
O claustro do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada- Pontevedra, manifesta o seu rexeitamento ao PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021, polos seguintes motivos:
PRIMEIRO: A improvisación e continuos cambios aos que foi, e está sendo sometido, dito protocolo a poucos días do inicio das clases, o que supón unha inmensa carga de traballo para as direccións e profesores dos centros educativos (engadida á habitual do inicio de curso) e provoca situacións de estrés, ansiedade e depresión dentro do colectivo, que redundará na calidade do ensino. Máis cando dita Consellería tivo catro meses para a súa rigorosa elaboración.
SEGUNDO: A falta de recursos materiais e humanos para poder desenvolver dito protocolo e garantir o desenvolvemento do ensino presencial durante o presente curso, tan necesario para un óptimo proceso de ensino-aprendizaxe e para a saúde integral do alumnado e profesorado.
TERCEIRO: Unha vez máis, o total desprezo cara a comunidade educativa ao non ter en conta a súa opinión, coñecementos, experiencia e profesionalidade na elaboración de dito protocolo. A constitución do Comité Educativo fíxose efectiva o luns 21 de setembro, data posterior a elaboración do mesmo.
CUARTO: A súa uniformidade ao non establecer diferenzas entre centros de primaria e secundaria, nin tampouco entre distintos centros debido ao seu tamaño ou características especiais, que fixeran posible unha flexibilización das normas.
QUINTO: Segundo a OMS, a saúde defínese como: “O estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”.
Tendo en conta esta definición, consideramos que o protocolo non garante en absoluto a saúde da comunidade educativa.
O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez publica os horarios e equipos docentes das Ensinanzas de Persoas Adultas.
Poden consultarse e descargarse nos seguintes enlaces:
EDUCACIÓN SECUNDARIA DE PERSOAS ADULTAS (PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL-M3)
1º E 2º BACHARELATO (SEMIPRESENCIAL)
Xoves 1 de outubro ás 19:00 h. presentación do curso 2020-21 de EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO DE PERSOAS ADULTAS.
Inicio das clases: luns 5 de outubro.
Mércores 30 de setembro, inicio das clases de taller de 1º e 2º FP Básica de Carpintaría e Moble.
Ese mesmo día comezará as clases o CM de FP Dual de Instalación e Amoblamento, en horario de tarde.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |