Pódese descargar o calendario de fin de curso de 2º Bacharelato nesta LIGAZÓN.
Pódese descargar o calendario de fin de curso de 2º Bacharelato nesta LIGAZÓN.
No Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez celebrado o 12 de maio de 2021 aprobouse o regulamento de RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS. Este forma parte das NOFC DO CENTRO e pode consutarse NESTA LIGAZÓN.
A versión actualizada das NOFC pode consultarse AQUÍ.
Circular da Consellería de Educación AQUÍ.
PRAZOS PARA AS RECLAMACIÓNS CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO 2021 E EXTRAORDINARIA DE 2ª BAC AQUÍ.
Presentouse publicamente o ESTUDO DO EFECTO DA VENTILACIÓN DAS AULAS SOBRE A CONCENTRACIÓN DE CO2 no noso centro.
O traballo foi realizado polo Departamento de Matemáticas e mostra unha moi completa e interesante descrición da calidade do aire que respiramos no Losada.
O informe completo pode consultarse no ESPAZO COVID desta páxina, premento AQUÍ.
A presentación do informe foi recollida na prensa de ámbito local, no FARO DE VIGO e LA VOZ DE GALICIA.
A nova tamén suscitou o interesa do programa da TVG, Galicia Noticias:
TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS ABAU CURSO 2020-2021 AQUÍ
O alumnado e profesorado do ciclo medio de FP Dual de Instalacións e amoblamento realizou nos pasado trimestres diversos elementos en madeira para o equipamento da Escola Infantil A Galiña Azul da Estrada.
O grupo de 11 alumnos, dirixido por tres profesores e profesoras do Departamento de Madeira do centro atendeu o encargo da Escola A Galiña Azul da Estrada para o deseño e fabricación duns valados de protección e dun moble de almacenamento, con portas
e estantes.
Unha representación do alumnado, profesorado e centro educativo entregou este equipamento o pasado xoves á Escola Infantil da Estrada.
Pode consultarse a noticia no Faro de Vigo e Voz de Galicia.
O alumnado que realizou o traballo, atópase neste trimestre no seu período de práctinas en Martínez Otero Contract, empresa estradense coa que o centro ten un convenio asinado para a FP Dual.
O pasado venres, 16 de abril foi un día especial. Despois de moitos meses, realizouse a primeira saída didáctica fóra da localidade. Tratouse dunha visita guiada ao recén restaurado Pórtico da Gloria e a toda a Catedral de Santiago. Un grupo de alumnos e alumnas de 2º Bacharelato e de 1º Infofi, acompañados dos profes Eladio, Conchi e Sergio, gozaron e non só coa visita propiamente dita, senón tamén co feito de saíren por primeira vez do centro neste curso tan complicado e difícil. Agardemos que non sexa a última.
Temos unha nova mostra no corredor da Biblioteca. Trátase, nesta ocasión, dunha exposición dos traballos de fío tensado realizado polo alumnado da materia de Plástica de 4º de ESO. Contaron nesta ocasión coa colaboración do Departamento de Madeira para a elaboración dos cadros. Parabéns, unha vez máis polo traballo e polo resultado tan fermoso.
Podes ver todos os traballos no blog da Biblioteca.
AS MULLERES TAMÉN EMIGRAN NO CORREDOR DE EXPOSICIÓNS DO LOSADA
Xa está instalada no noso corredor unha nova mostra. Trátase da completa exposición: AS MULLERES NON EMIGRAN, da Fundación 10 de marzo. En 18 paneis faise un percorrido cronolóxico polas migracións femininas en Galicia no transcurso do século XX: América, Europa e inmigración. Trátase dunha iniciativa do Departamento de Xeografía e Historia e da Biblioteca.
Entre os próximos meses de marzo e xullo, serán impartidos Losada Diéguez dous cursos de formación para o emprego (AFD), destinados preferentemente a persoas desempregadas.
Estes cursos serán os seguintes:
TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE (378 horas)
Do 22/03/2021 a 09/07/2021.
Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.
A proba de selección será o 17/03/2021 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Información completa sobre o curso AQUÍ
OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS (328 horas)
Do 06/04/2021 a 08/07/2021
A proba de selección será o 24/03/2021 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Información completa sobre o curso AQUÍ
As persoas que completen satisfactoriamente estes cursos obterán un CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE, que lle permite a súa inserción no mundo laboral nos sectores sobre os que tratan os cursos.Ademais, o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |