slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

2º premio ase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-17: dálle gústame ao consumo circular e responsable

O curso 2021-2022 o Ies Lamas de Abade participou, como nos últimos anos, no Plan Proxecta Consumópolis.

Trátase dun programa educativo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto Galego de Consumo coa finalidade promover a educación dun consumo responsable por parte do alumnado.

Este proxecto permite reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre diferentes aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico e nun concurso escolar estatal e autonómico.

Entre os obxectivos deste proxecto podemos destacar:

  • Desenvolver no alumnado un pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determina a responsabilidade no consumo

O traballo desenvolvido durante o curso escolar estivo centrado en dúas premisas:

  • Non temos planeta B

  • Que planeta lle queremos deixar @s nos@s fill@s?

Aínda que o obxectivo da participación nestes proxectos non é a de gañar premios, pois considérase que o importante é facer conciencia sobre un consumo responsable, este ano un dos grupos participantes quedou segundo na súa categoría ( 3º ESO -4º ESO) no concurso autonómico.

 

Parabéns ao alumnado: Lucía Tejo Aldrey, Iker-Xabier Codesido Rendo-Alexia Firvida González-Guillermo Baluja López e José Manuel Meijide Fernández polo segundo posto no concurso autonómico.

 

 

 

 

IV CERTAME “AS VALEDORAS DO PLANETA” do IES Lamas de Abade.

 

IV CERTAME “AS VALEDORAS DO PLANETA” do IES Lamas de Abade

O Cambio Climático é un feito recoñecido actualmente en tódolos foros, non só nos de carácter científico. Os alumnos que  cursaron CLIMÁNTICA no IES Lamas de Abade poden ofrecernos probas evidentes recoñecibles de forma clara por cada un de nós.

Podemos facer algo para tratar de evitalo?

Hai algo que estea nas nosas mans que poda, a lo menos, contribuír a que ese Cambio Climático non sexa tan inminente?

Pois acostumamos a dicir que, a pesar de non ser importantes gobernantes con autoridade para tomar grandes decisións que podan afectar ó devir  dos acontecementos en materia enerxética, podemos conseguir grandes logros coa nosa actitude.

Cada día, irremediablemente debemos consumir recursos e xerar residuos (en especial Gases invernadoiro) que afectan ó quecemento global. E cada ano, ó longo dos últimos curso, no IES Lamas de Abade fíxose unha campaña de concienciación . No primeiro certame de AS VALEDORAS DO PLANETA  fixéronse curtas que invitaran á comunidade educativa a reducir as emisións de CO2, no que participaron con éxito alumnos e profesores. O seguinte ano tivo que celebrarse confinados e versou sobre contribución que podiamos facer desde os nosos fogares.

Este curso estivo dedicado a traballar en colaboración coa organización TEACHERS FOR FUTURE quen, a nivel mundial, fixeron una campaña de sensibilización: RECREOS RESIDUOS CERO. Sabemos que os residuos no patio non só so esteticamente pouco agradables. Son hixienicamente pouco recomendables. E, AINDA QUE NÓS PODAMOS PERMITILOS, O NOSO PLANETA NON PODE.

Por un planeta más limpo e mais san: trataremos de reducir os nosos residuos nos  nosos recreos , modificando pequenos hábitos como o tipo de merenda que nos traemos ou o tipo de envoltorio que utilizamos.

Os traballos presentados foron vídeos, animacións, infografías, posters, power points, etc. Todos eles con un perfecto rigor científico e con vocación de chegar a cada un dos corazóns dos receptores da nosa mensaxe. Tras longa e arduas deliberacións, o xurado emitiu o seu fallo.

Na gala de fin de curso con alfombra vermella , a Directora, Carolina Varela Caamiña, a Xefa de estudos, Carmen Muruais, e as profesoras de Climántica, Maria Roel e Marina Raíces fixeron entrega d os diplomas de participación a cada un dos alumnos de 2º de ESO do presente curso. E recibiron os seus óscares os galardoados que foron

3º PremioAs Valedoras do planeta” para a curtametraxe de Abdelkodos Nabaoui Hamrich,  Mario Vidal García, Sergio Garabal Jorge e Ramiro Casal Tomé.

 

2º Premio As Valedoras do planeta”  para a curtametraxe de Iria Bendaña Díaz Robén López Platas e Manuel Moran Moreiras.

1º PremioAs Valedoras do planeta” para a animación de Lucia Sánchez Ferreiro e  Xiana Barreiro Rodríguez.

Parabéns a tódolos participantes e en especial ós gañadores

 Recibimos recoñecemento do ministerio pola nosa participación na campaña de Teachers for future: RECREOS RESIDUOS CERO en forma deste diploma .

 

SIMULACRO

 

O alumnado do ciclo formativo de Emerxencias

Sanitarias clausura o curso e completa a súa formación

simulando un Incidente de Múltiples Víctimas en un

concerto. Agradecer enormemente a participación de

Cruz Vermella e Servizos Sanitarios del Cantábrico,

sempre dispostos a colaborar con nos, ao ciclo de

Estética e Beleza do noso centro pola súa gran labor na

maquillaxe e caracterización, e ao noso alumnado pola súa

constante implicación e motivación.

 

Accede á reportaxe fotográfica.

ACTIVIDADE HIXIENE ALIMENTARIA NO MERCADO DE ABASTOS

 

É o mercado da nosa cidade especialmente singular, ata o extremo de constar en tódalas guías turísticas como  o segundo obxecto de visita tras a catedral do noso Apóstolo Santiago, pola variedade e singularidade dos produtos frescos que alí se comercializan e polo primor co que os placeiros os expoñen ó publico.

 Os alumnos de Alimentación e Nutrición  de 1º de Bacharelato A/B tiveron a ocasión de realizar una visita ó Mercado de Abastos de Santiago de Compostela cun especial  cometido.

 Os peregrinos desfrutan co colorido das nosas froitas e verduras e os pintorescos e frescos pescados que se comercializan. E todo isto baixo unha estricta vixilancia sanitaria que garante ó consumidor un perfecto estado destes nosos tradicionais produtos nas mellores condicións de hixiene alimentaria.

O encargado da Praza de Abastos de Santiago guiounos polos diferentes tipos de postos que, en función do tipo de produto que expenden requiren a vixilancia duns ou outros puntos críticos.

 Moi especialmente se nos explicou o modo de control da trazabilidade nas peixerías de maneira que en todo momento se pode coñecer o percorrido ata a súa orixe de cada un dos produtos que se poñen á venda.

 

Así mesmo se nos explicou as precaucións na manipulación dos alimentos que requiren as charcuterías, as carnicerías e panaderías.

 Aproveitamos para visitar o posto de Carnicería da familia de Jesús Lodeiro. E a panadería da tía de Hugo Mujico, dous dos excelentes alumnos de 1º de bacharelato.

 Decepcionounos a mágoa de que acabou por desaparecer un dos maiores atractivos do mercado que eran os postos ambulantes das mulleriñas que, desde os arredores, se aproximaban a vender os excedentes da produción das súas primorosas hortas. Tratábase dunha xeración irremplazable que , na procura de ofrecerlle ós seus fillos unha vida menos traballosa que a súa, esquecéronse de formarnos nesa tarefa de manter a nosa propia horta e os nosos produtos de temporada. A covid esixiu serias restricións no aforo de vendedores e, ó ser tan maiores, ó levantarse estas, non volveron máis.

Xa non poderemos ir mercar o ramo de plantiñas para a auga da noite de San Xoán.

 

VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC

VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC

Cun día brumoso e meleado, o pasado día 8 de xuño, como é tradición para os alumnos de 1º de ESO do noso Instituto, levouse a cabo a visita ó Museo da Universidade de Santiago de Compostela de Historia Natural

 Nel exponse una nutrida representación de especies  de diferentes reinos dos nosos ecosistemas galegos, tanto terrestres como acuáticos. E os estudantes poden desfrutar tamén da observación da biocenoses propias de ecosistemas exóticos en forma de animais disecados como panteras, osos polares, tigres de bengala, etc., ós que os nosos alumnos poden ver de forma natural.

 As actividades a realizar no museo foron  levadas  a cabo con máis facilidade para uns que para outros pois, dada a data da  visita, permitíuselle facela a todos os alumnos do primeiro curso da ESO sen excepción (aprobados ou non).

 Os estudantes estiveron acompañados dos profesores: J.J. Martínez , María Roel e  Marina Raíces.  Como de costume, tiveron o orgullo de recibir as felicitacións do persoal do museo polo  excelente comportamento do noso alumnado durante a visita.

Á saída tomouse esta fotografía do grupo  todos xuntos a modo de recordo para a posteridade.

III XINCANA XEOLÓXICA IES LAMAS DE ABADE

III XINCANA XEOLÓXICA IES LAMAS DE ABADE

Como cada ano que a Covid nos permitiu, ó rematar o
programa de Xeoloxía de 1º de Bacharelato, desenvolveuse a Xincana Xeolóxica nos
arredores do noso instituto co obxectivo de poñer en práctica os coñecementos
de detalles salientables no propio solo que pisamos de cotío.

Neste curso, por leves motivos de saúde sucesivos de
alumnos e profesora, tívose que pospoñer a entrega dos premios da celebrada III
XINCANA XEOLÓXICA IES LAMAS DE ABADE
ata o mes de maio. Posan na fotografía
case que tódolos participantes cos seus correspondentes diplomas acreditativos.

Nunca máis adecuado o dito para esta ocasión: “Hai
canteira”.




















VI FEIRA DE MINERAIS

Como cada curso, o IES LAMAS DE ABADE visitou a Feira de Minerais. A actividade foi organizada polo Dpto. de Física e Química en colaboración co Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía para os alumnos de Bilingüe.

Nesta ocasión, ademais da consabida exposición de diferentes casas comerciais de minerais e xoiería, se nos ofreceron dous obradoiros para o noso nivel: o da ESCOLA DE INXEÑERÍA DE MINAS E ENERXÍA e, un segundo, do GRUPO MINERALÓXICO E XEOLÓXICO GALEGO. É preciso salientar que, a pesar de que os dous nos resultaron moi adecuados ó noso nivel, o primeiro de eles (así coincidimos todos) foi o que nós calcificaríamos como “moi recomendable”. Moi rigoroso e didáctico, con unha metodoloxía baseada na indagación e dedución, ben conseguida.

Por suposto, quedamos en contacto para viren a realizar obradoiros en cursos vindeiros no noso centro.

 

 

CURSO DE EXTENSIÓNS E PRÓTESES CAPILARES PARA CM PEITEADO E COSMÉTICA CAPILAR

Os CM de peiteado e cosmética capilar recibiron formación impartida por Susana de Produve.

ACTIVIDADES DPTO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA XANEIRO

Conferencia CAMBIO CLIMÁTICO en 2º de ESO (12/01/22)

Susana Bayo Besteiro leva anos traballando en investigación como climatóloga ambientalista na Universidade de Vigo. Iniciou a súa conferencia en cada un dos grupos de 2º de ESO facendo un repaso das súas vivencias e a súa vocación científica. 

Explicou como estamos variando a composición de la atmosfera terrestre, como esa variación ocasiona un aumento de temperatura global do planeta, e que consecuencias ten no clima da Terra.

Ademais expuxo algúns exemplos de como se realiza a investigación científica neste campo coa intención de que comprobasen que os nosos alumnos traballan nesa mesma liña.

Finalizou a conferencia con propostas de alternativas para tratar de reducir a nosa contribución  ó  cambio climático. 

 

 

 

DISECCIÓN DE ORGANOS, VISITA AO MUSEO DOMUS E O AQUARIUM FINISTERRAE para 3º de ESO (18/01/22)

O pleno de 3º de ESO realizou unha visita ó museos científicos de A Coruña nun día solleiro que nos permitiu desfrutar ademais dunha comida na Torre de Hércules cunhas temperaturas descoñecidas para a época do ano.

Na tarde, visitouse o precioso Aquarium Finisterrae  no que se poden observar multitude de singulares especies mariñas propias do noso litoral así como unha exposición sobre algunhas estratexias de reprodución. 

 

Na mañá, o LABORTORIO ABERTO do Museo Domus nos ofreceu sendas prácticas de disección de corazón para cada un dos grupos A e B. A organización por parte dos museos coruñeses foi impecable, non entramos en contacto con ningún outro visitante en ningún momento co que a nosa burbulla foi estanca todo o día.

 

                      

 

 

FINALIZACIÓN PROGRAMA ARCO

Finaliza o programa ARCO  deste ano e dicimos ata logo a nosa compañeira Carmen Pérez Picallos

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer