INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

ACTIVIDADE HIXIENE ALIMENTARIA NO MERCADO DE ABASTOS

 

É o mercado da nosa cidade especialmente singular, ata o extremo de constar en tódalas guías turísticas como  o segundo obxecto de visita tras a catedral do noso Apóstolo Santiago, pola variedade e singularidade dos produtos frescos que alí se comercializan e polo primor co que os placeiros os expoñen ó publico.

 Os alumnos de Alimentación e Nutrición  de 1º de Bacharelato A/B tiveron a ocasión de realizar una visita ó Mercado de Abastos de Santiago de Compostela cun especial  cometido.

 Os peregrinos desfrutan co colorido das nosas froitas e verduras e os pintorescos e frescos pescados que se comercializan. E todo isto baixo unha estricta vixilancia sanitaria que garante ó consumidor un perfecto estado destes nosos tradicionais produtos nas mellores condicións de hixiene alimentaria.

O encargado da Praza de Abastos de Santiago guiounos polos diferentes tipos de postos que, en función do tipo de produto que expenden requiren a vixilancia duns ou outros puntos críticos.

 Moi especialmente se nos explicou o modo de control da trazabilidade nas peixerías de maneira que en todo momento se pode coñecer o percorrido ata a súa orixe de cada un dos produtos que se poñen á venda.

 

Así mesmo se nos explicou as precaucións na manipulación dos alimentos que requiren as charcuterías, as carnicerías e panaderías.

 Aproveitamos para visitar o posto de Carnicería da familia de Jesús Lodeiro. E a panadería da tía de Hugo Mujico, dous dos excelentes alumnos de 1º de bacharelato.

 Decepcionounos a mágoa de que acabou por desaparecer un dos maiores atractivos do mercado que eran os postos ambulantes das mulleriñas que, desde os arredores, se aproximaban a vender os excedentes da produción das súas primorosas hortas. Tratábase dunha xeración irremplazable que , na procura de ofrecerlle ós seus fillos unha vida menos traballosa que a súa, esquecéronse de formarnos nesa tarefa de manter a nosa propia horta e os nosos produtos de temporada. A covid esixiu serias restricións no aforo de vendedores e, ó ser tan maiores, ó levantarse estas, non volveron máis.

Xa non poderemos ir mercar o ramo de plantiñas para a auga da noite de San Xoán.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer