Enviado por Secretaría o Xov, 07/05/2020 - 04:40
Enviado por admin o Lun, 04/05/2020 - 19:26
Enviado por admin o Lun, 20/04/2020 - 16:45
INSTRUCIÓNS PROVISIONAIS E MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2019-2020
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES ILLA DE ONS
1. Sobre a 3º avaliación
1.1. Durante o terceiro trimestre o IES Illa de Ons continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender.
1.2. Ditas actividades estarán adaptadas á idade e características do alumnado, así como á situación excepcional que están a vivir. As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria.
1.3. Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional e co fin de favorecer a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, modificaran se os horarios e o modelo de titoría para adaptarse a estas novas circunstancias de atención o alumnado. Este novo horario se trasladara o alumnado e as familias a través dos canles de comunicación establecidos; Abalar e correo @iesillaons.com.
1.4. A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo. Para elo establécense os seguintes criterios para os contidos a traballar durante a 3ª avaliación: ▪ Selección de contidos mínimos da terceira avaliación e tarefas ou traballos de consolidación dos contidos mínimos da 1ª e 2ª avaliación susceptibles de ser obxecto de exame presencial a finais de maio ou xuño. ▪ Cambio metodolóxico cara á unha dinámica de aula telemática. ▪ Adaptación de criterios e instrumentos de avaliación dos contidos mínimos seleccionados e a metodoloxía telemática proposta (tarefas ou proxectos avaliables). ▪ Proporcionalidade e equilibrio na achega de tarefas ao alumnado. Incentivar o contacto telemático co alumnado.
1.5. O profesorado do IES Illa de Ons achegará os contidos e tarefas propostas ao alumnado a través das plataformas virtuais educativas das que dispón o centro (EDIXGAL, CLASSROOM, MAIL @iesillaons.com, e ferramentas de teledocencia). Enviaráselle un horario por correo electrónico ás familias é ó alumnado. 1.6. Desde a Consellería de Educación infórmannos de que tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.
1.7. A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.
1.8. Ate o día de hoxe non se ten aínda norma algunha que regule os criterios de promoción e titulación do alumnado nas actuais circunstancias.
2. Comunicación cuestións académicas e dificultades clases telemáticas.
2.1. Recordade que o principal medio de comunicación coas familias e entre a comunidade educativa é o mail do centro: @iesillaons.com. e a aplicación ABALAR MOBIL. A través de ambas ferramentas contactarase cos titores/as dos distintos grupos. Outros contactos: CONTACTOS CUESTIÓNS ACADÉMICAS Correos titores/as xefaturadeestudos@iesillaons.com
CUESTIÓNS TÉCNICAS PLATAFORMAS iesillaons@iesillaons.com
OUTRAS CUESTIÓNS dirección@iesillaons.com
2.2. Achégase nos seguintes enlaces información deste servizo ABALAR MÓVIL: ▪ Guía uso familias: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf
▪ Acceso ao servizo: https://www.edu.xunta.es/abalar/PaxinaMensaxe.do?mensaxe=comun.mensaxe.logout
HORARIO
Enviado por Secretaría o Lun, 30/03/2020 - 08:54
INSTRUCIÓNS E MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN Á SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS NO IES ILLA DE ONS
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES ILLA DE ONS
Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 14:08
Estimadas nais, país e titores do alumnado do IES Illa de Ons, ante a suspensión da actividade lectiva decretada polas autoridades autonómicas e estatais, e reunido e escoitado o claustro docente do IES Illa de Ons, a dirección do centro toma as seguintes medidas para manter a titorización formativa do noso alumnado: O profesorado programará unha serie de actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares nas diversas plataformas telemáticas das que dispón o centro. Sobre estas tarefas o profesorado fará un seguimento en liña e non serán avaliables. Contornas virtuais educativas do centro: - Primeiro e segundo ESO. Plataforma EDIXGAL e CLASSROOM. - Terceiro e cuarto ESO. Aula virtual do centro e CLASSROOM. O profesorado resolverá dúbidas e atenderá o alumnado de xeito telemático no horario lectivo que lle correspondería no centro escolar (este horario pode modificarse por cuestións de conciliación familiar ou de saúde do profesorado, de ser o caso se advertirá por correo o alumnado), as comunicación se realizarán a través do correo electrónico ou dos foros dos que dispoñen as plataformas de ensino telemático. O alumnado é coñecedor das claves de entrada as distintas plataformas xa que estas están activadas desde principio de curso, no caso de que unha familia a descoñeza pode dirixirse o centro que lle comunicará as correspondentes claves. De xeito EXCEPCIONAL o alumnado que non dispoña de internet ou dispositivos de consulta telemática deberá comunícalo o centro escolar onde procuraremos unha solución para estas situacións. Desde o centro escolar sentimos os inconvenientes xerados por esta situación, pero dado o carácter flutuante e o impreciso das medidas tomadas, estas propostas poden variar nos seguintes días. Bueu a 13 de marzo de 2020 Un saúdo. A dirección
Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 04:35
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
- Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
- Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
- O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
- Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
- Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
- Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
- Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
- Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
- Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
- Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.
MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO
- Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
- Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
- As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.
Enviado por admin o Lun, 10/02/2020 - 06:50
Neste curso 2019-2020 o IES ILLA de ONS participa na campaña de axudas
de froita escolar,desenvolvida pola Consellería de Medio Rural ( SERVIZO DE SECTOR LÁCTEO E
MERCADOS AGRÍCOLAS. FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA).
Concedéusenos ó centro participar no primeiro e segundo período da campaña.
O primeiro desenvolvese no mes de febreiro, e o segundo período no mes de maio.
nos recreos o alumnado poderá tomar froita variada (plátanos,
mandarinas, mazás, fresas, ...).
Enviado por admin o Ven, 29/11/2019 - 05:58
Enviado por admin o Lun, 18/11/2019 - 06:16
Noticias FARO DE VIGO
O Illa de Ons, segundo premio no Concurso de Imaxes contra a Violencia de Xénero.
XOSÉ LEAL( ( Concelleiro de Bueu):
Cando nun centro educativo fan un traballo serio e planificado xa non é que reciban galardóns por iso -que tamén é importante e por iso hai que parabenizar as mulleres e homes que conforman un proxecto de centro dunha gran forza colectiva-, senón que estarán nutrindo á sociedade de rapazas e rapaces que son o presente e que serán por suposto o futuro da loita pola igualdade, que ou será desde a óptica feminista ou non será completa.
,https://drive.google.com/drive/folders/1yd9pEnVQQCMlJPQbxyKotSnWB2GcF2-m?usp=sharing
Enviado por admin o Dom, 20/10/2019 - 19:24
O musical Miserábeis fai unha revisión contemporánea e feminista, integramente en lingua galega, da novela do escritor francés Victor Hugo. A historia transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830 con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Este espectáculo, galardoado co Premio de Innovación Educativa en dinamización lingüística (2018-19) da Xunta de Galicia, ofrece unha adaptación teatral e musical propia, que concentra en escena a máis de medio centenar de membros da comunidade educativa -profesorado, alumnado entre 12 e 16 anos, persoal non docente…-, nunha aposta única dende o ensino público para educar na igualdade dende unha aprendizaxe cooperativa e interdisciplinar.
|