Iniciar sesión |
Plan Dixital de Centro 24-25Enviado por admin o Xov, 07/11/2024 - 07:40
Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Desde o ano 2011 o centro participou no Programa Abalar para dixitalizar as aulas e dotar de equipamento informático en empréstamo para o alumnado. No ano 2017 o Programa Abalar evoluciona cara o Proxecto Edixgal e, de novo, o centro comprométese na dixitalización do ensino e no uso dos libros dixitais para 1º e 2º de ESO.
O Plan Dixital debe ser o gran impulsor do proxecto Proxecto Edixgal. Unha proba do compromiso é a vontade demostrada polo profesorado, sobre todo a partir da situación derivada pola pandemia, son os diversos contidos e dinámicas de traballo vinculadas ás plataformas como o Entorno Virtual de Aprendizaxe en 1º, 2º e 3º da ESO e da Aula virtual especialmente en 4º ESO.
Un dos obxectivos recollidos na Programación Xeral Anual é o de “promover o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula” como medio didáctico para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. Para isto é preciso que o profesorado teña unha formación continua e acade un grado de competencia dixital satisfactorio. No Plan Dixital de centro establecéronse e temporalizáronse unha serie de obxectivos (accións) para mellorar progresivamente o grado de competencia dixital do profesorado do centro.
Plan dixital de centro. Estratexia para impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais da comunidade educativa dentro do horizonte educación dixital 2030 con dous obxectivos:
Pódese consultar a documentación oficial aprobada polo Claustro e polo Consello Escolar premendo na seguinte imaxe: ( categories: )
|
Eventos
|