Iniciar sesión |
Convocatoria de asemblea ANPA A Moraima 2022-03-28Enviado por Secretaría o Xov, 24/03/2022 - 10:18
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados asistirán a asemblea con voz pero sen voto.
Data: Luns, 28 de marzo de 2022. Hora: 18 h en primeira e única convocatoria. Lugar: Salón de actos do IES Illa de Ons. ORDE DO DÍA: 1) Lectura da acta anterior. 2) MOI IMPORTANTE: Propostas de candidaturas para novos membros da directiva. E moi importante que se presenten novos membros, xa que pola contra, en xuño disolverase a ANPA porque a directiva actual, xa non estará no centro o vindeiro curso. 3) No caso de non presentarse ninguén para a directiva, procuraranse opcións para investir os cartos que se teñen de fondo. 5) Quenda de intervencións. Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos
Bueu, 22 de Marzo de 2022. A Xunta Directiva ( categories: )
|
Eventos
|