Información ás familias do alumnado

Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 13:08

 

 

Estimadas nais, país e titores do alumnado do IES Illa de Ons, ante a suspensión da actividade lectiva decretada polas autoridades autonómicas e estatais, e reunido e escoitado o claustro docente do IES Illa de Ons, a dirección do centro toma as seguintes medidas para manter a titorización formativa do noso alumnado:
 O profesorado programará unha serie de actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares nas diversas plataformas telemáticas das que dispón o centro. Sobre estas tarefas o profesorado fará un seguimento en liña e non serán avaliables. Contornas
virtuais educativas do centro:
- Primeiro e segundo ESO. Plataforma EDIXGAL e CLASSROOM.
- Terceiro e cuarto ESO. Aula virtual do centro e CLASSROOM.
 O profesorado resolverá dúbidas e atenderá o alumnado de xeito telemático no horario lectivo que lle correspondería no centro escolar (este horario pode modificarse por cuestións de conciliación familiar ou de saúde do profesorado, de ser o caso se advertirá por correo o alumnado), as comunicación se realizarán a través do correo electrónico ou dos foros dos que dispoñen as plataformas de ensino telemático.
 O alumnado é coñecedor das claves de entrada as distintas plataformas xa que estas están activadas desde principio de curso, no caso de que unha familia a descoñeza pode dirixirse o centro que lle comunicará as correspondentes claves.
 De xeito EXCEPCIONAL o alumnado que non dispoña de internet ou dispositivos de consulta telemática deberá comunícalo o centro escolar onde procuraremos unha solución para estas situacións.
Desde o centro escolar sentimos os inconvenientes xerados por esta situación, pero dado o carácter flutuante e o impreciso das medidas tomadas, estas propostas poden variar nos seguintes días.
Bueu a 13 de marzo de 2020
Un saúdo.
A dirección