UN CONCERTO DE GOLPES: ODAIKO PERCUSSION GROUP

Enviado por Anónimo o Ven, 08/04/2011 - 13:30
08/04/2011 13:37
Etc/GMT+1

O 5 de novembro asistimos a unha chuva de golpes musicais no Aditorio de Galicia, en Santiago.

 

Integrados por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz no Real Conservatorio da Haya (Holanda) e a Universidade de Bahía(Brasil), fórmase en Holanda no ano 2003. 

 

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica e da súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que esta supón. 

 

Este grupo galego estivo presente nos principias festivais de todo o mundo, como o Esteve Reich Festival (Holanda), TIP Taiwán, Nancy Zeltsman Marimba Festival (EE.UU), Facyl (Salamanca), Fes­tival de Ortigueiera (Galicia)… 

A riqueza desta agrupación está na interese dos seus membros pola búsqueda de novas visións percusivas e da súa colaboración cos artistas máis significantes do panorama cultural actual.

 

 

 

 

INSTRUMENTOS 

Instrumentos de placas 

Instrumentos de membranas 

Marimba 

Vibráfono 

Timbais 

Congas 

Bongos 

Agogos 

Dum dums 

Surdos

Repenique 

Pandeiro 

Djembés 

Batería 

 

 

 

Sabías que... 

 Os instrumentos de percusión pódense agrupar en idiófonos e membranófonos. 

Idiófonos:  

Instrumentos construídos a partir dunha materia orgánica ou inorgánica virxe. 

Membranófonos:  

Instrumentos construídos a partir dunha materia orgánica ou inorgánica, con necesidade dunha pel, que pode ser animal ou sintética. 

 

Os instrumentos idiófonos e membranófonos divídense á súa vez en son determinado e inde­terminado. 

Son determinado:  

Son aqueles que se poden axustar para que produzan un son concreto (timbais, instrumentos de placas...) 

Son indeterminado:  

Son aqueles que dependen da súa composición para cambiar de son (batería,tambores, madei­ras…). 

 

Historia “ A orixe” 

Dende o pasado, os instrumentos máis ancestrais e primarios foron os de percusión, e máis concre­tamente os de entrechoque ou idiófonos, que son os construídos por materiais sonoros e que non necesitan tensións adicionais para producir sons. 

Estes instrumentos, se ben na súa orixe foron de materiais primitivos como o óso, pedra ou ma­deira, este foron evolucionando na súa construción. Aparecen troncos rebaixados para lograr unha caixa de resonancia e son percutidos con ósos a modo de baquetas. Finalmente incorpórase ao tronco unha pel de animal a modo de membrana, e desa maneira aparece o primeiro vestixio da familia dos membranófonos (instrumentos que precisan da pel para soar). 

Coa aparición e o uso do ferro seguen aparecendo instrumentos idiófonos pero xa máis traballa­dos, co fin de obter deles un son máis concreto (cencerros e esquilos). O mesmo sucede co barro e as cuncas do mesmo, que pasan de ser un instrumento cotiá a ser un instrumento percusivo ( ex. Udu) ou engadindo unha membrana “os ketledrams”.

 

 

Djembe 

Crése que a súa orixe foi no 900 a.C. na tribu dos maninca, que significa persoas de mando, aínda que hai quen data esa orixe no 1300 a.C.. Dende aquí o djembé emigrou a outras zonas como Senegal, Nixeria, Guinea, Costa de marfil e Burquina Faso.


Pénsase que foi creado polos numu, artesáns talladores de madeira, que eran considerados como os gardiáns de certos poderes. Eles encargábanse de esculpir o corpo dos djembés e tocalos. O djembé coñécese neses lugares por ser un tambor con dotes curativos, de ahí que se usa­ran en ritos sagrados, nacementos, bodas e funerais, acompañado doutros instrumentos coma o dundun, o balafón e o shekere. O djembé ten diferente rítmica, moi rica e variada. Podem­os nomear algúns ritmos coma o Mandiany, empregado nos traballos agrícolas, o Doundum­ba, empregado nas bodas, ou o Wolosodon, para os bautizos e a cerimonia da circuncisión.

Os ritmos irixinais do djembé foron mudando ao longo do tempo adaptándose ós tempos mod­ernos e integrándose con outros tipos de música. A forma en que ritmos coma o Sunu ou o Doun­dumba se foron transmitindo de xeración en xeración durante séculos, foi mediante un complexo sistema silábico e vogal das linguas africanas. Os mestres cantaban os ritmos ós seus alumnos e estes practicábanos. 

A primeira expansión prodúxose no s.XVIII pola tribu Diola que eran comerciantes pero foi no 1950 cando o djembé se deu a coñecer por todo o mundo gracias á xira que levaron a cabo a formación “Les Ballets Africains” do guineano Fodeba Feita. Este grupo tivo un impacto considerable e fixo que o djembé se coñecera máis alá das súas fronteiras tradicionais. Outro factor que axudou na divulgación foron as continuas emigracións a Europa e a EE.UU. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


( categories: )