Iniciar sesión |
EventosSábado Maio 01, 2021
Start: 01/05/2021 16:14
Aí vén o maio! Na praza do concello estiveron todos expostos.
Domingo Maio 02, 2021
Aí vén o maio! Na praza do concello estiveron todos expostos.
Luns Maio 03, 2021
Start: 01/05/2021 16:14
End: 03/05/2021 23:59
Aí vén o maio! Na praza do concello estiveron todos expostos.
Martes Maio 11, 2021
Start: 11/05/2021 17:05
Pois por este ano xa vai chegando de escalada, que non todo vai ser ghabear!! E para que quede constancia aquí van un par de fotos de alumnas de 4º (Carmen trepando e Clara asegurando) no último día desta Unidade Didáctica de escalada. E outras dúas de Andrés no "boulder" sen corda buscando a dificultade. E vaia se o conseguiu!! Start: 11/05/2021 17:17
Xa rematou o torneo de floorball do alumnado de 1º. Sudando moito e coa mascariña posta o torneo foi indo adiante co esforzo de tod@s. Aquí tedes un par de imaxes en pleno xogo!! E aquí tedes ós dous equipos que loitaron polo 3º e 4º postos "Petardos" e "Los del B": E aquí están os que chegaron á final: "Pollos Locos" e "La piña invencible" A clasificación final quedou así:
Parabéns a tod@s e moitas grazas por participar!! Start: 11/05/2021 17:31
O alumnado de 2º estivo traballando nas pasadas semanas na Unidade Didáctica de Baloncesto. Aquí os vemos facendo prácticas de manexo de balón, cambios de man e percorridos en zig-zag. Co baloncesto non o fixeron nada mal. Veremos que tal se lles da o voleibol para rematar o curso... Start: 11/05/2021 17:39
Tamén finalizou o torneo de bádminton para o alumnado de 2ºESO. Este ano tivemos moi boa participación e boa proba delo foi o bo nivel dos catro finalistas. Aquí os vedes en acción: A clasificación final quedou así:
Aquí os tedes: Parabéns a tod@s e grazas por participar!! Con xente coma vós todo o esforzo paga a pena. |
Eventos
|