Día Internacional da Non Violencia contra a Muller
Co gallo da Conmemoración, do día 25 de Novembro de 2016, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, un ano mais, participamos no concurso de carteis sobre "A Violencia de Xénero" organizado polo Centro de Información ás Mulleres.
Os carteis feitos polo alumnado están espostos no centro e un deles recibiu unha mención especial, foi o de Antía Novas Arribas, que cursa 1º de ESO.
O día 25 de Novembro asistimos a unha concentración silenciosa diante do Concello e logo no Centro Social do Mar foi a entrega dos premios aos gañadores/as.