Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Novembro 09, 2015
Start: 09/11/2015 17:49

Os pasados días 5 e 6 de novembro tivemos a visita de algúns membros do club de remo da nosa vila. Ademais dunha charla acompañada dun interesante audiovisual poidemos probar a nosa habilidade como remeiros nuns aparellos chamados "remoergómetros" nos que se practica o remo "en seco". Aquí van un par de fotos:

Por certo que o rapaz de vermello que vedes no centro é Óscar, antigo alumno do noso centro e remeiro de alto nivel na actualidade. A ver se despois desta visita se animan algúns alumnos e alumnas a practicar o fermoso deporte do remo.

Venres Novembro 13, 2015
Start: 13/11/2015 09:00

A actividade de sendeirismo a Cabo Udra foi todo un éxito. Tivemos un bo día e poidemos disfrutar do paseo, das praias e da visita guiada polo entorno da aula da natureza. Estes alumnos de 1º son uns fenómenos. Na praia de Mourisca fixemos torres humanas e carreiras de cabalos. Mirade que fotos máis guapas.

Start: 13/11/2015 09:00
End: 13/11/2015 16:30

O vindeiro venres 13 terá lugar unha nova actividade co alumnado de 1º curso. Volveremos a exercitar as nosas pernas percorrendo a rota de sendeirismo que nos levará do instituto ó Cabo Udra. Alí os monitores da Aula da Natureza guiarannos polo cabo explicándonos particularidades botánicas, xeolóxicas e faunísticas deste valioso enclave. Despois de xantar voltaremos camiñando de novo ó instituto, onde remataremos a actividade. Colgaremos algunha foto en canto sexa posible.

Venres Novembro 20, 2015
Start: 20/11/2015 11:55
End: 20/11/2015 13:35
CONCURSO:  "NON Á VIOLENCIA DE XENERO”
 Un ano mais vamos a participar no concurso de carteis organizado polo CIM (Centro de Información ás Mulleres), que se convoca entre os centros de Educación Primaria, ESO e Bacharelato do Concello de Bueu. O seu obxectivo é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación dos comportamentos violentos contra as mulleres.
Os alumnos/as premiados serán convocados para a recollida de premios no Centro Social de Mar nun emotivo acto no que estarán presentes, entre outros, o equipo de goberno do Concello de Bueu.
 
TALLERES SOBRE “IGUALDADE DE XÉNERO E 
PREVENCIÓN DA VIOLENCIA"



Como complemento doutras actividades que levemos a cabo no centro, terán lugar unha serie de talleres  sobre "a igualdade de xénero e prevención da violencia", impartidos pola psicóloga do CIM, que serán levados a cabo con todo o alumnado do centro nas seguintes datas:
 
Luns 9 Novembro
1ºA   10:30 - 11:20h
1ºB   09:40 - 10:30h
 
Martes 10 Novembro
4ºA   09:40 - 10:30h
4ºB   10:30 - 11:20h
 
Mércores 18 Novembro 
3ºA   09:40 - 10:30h
3ºB   10:30 - 11:20h
 
Venres 20 Novembro
2ºA   12:45 -  13:35h
2ºB   11:55 - 12:45h

Luns Novembro 23, 2015
Start: 23/11/2015 16:00
End: 23/11/2015 17:00

CHARLA-COLOQUIO

 DÍA:      LUNS 23 DE NOVEMBRO

 HORA:     16.00

 As charlas-coloquio son sesións divulgativas organizadas pola Presidencia do Parlamento en colaboración coa Asociación de Ex Parlamentarios/as,  que teñen como obxectivo que os estudantes de Bacharelato e da ESO coñezan de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.

EX DEPUTADOS QUE ASISTIRÁN

 -          Pedro Manuel Mariño Campos (Partido Socialista de Galicia-PartidoSocialista Obrero Español: PSdeG-PSOE)

 -          Francisco Trigo Durán  (Bloque Nacionalista Galego: BNG)

 -          Xosé Manuel Pazos Varela (Esquerda de Galicia: EG)

 

 

Xoves Novembro 26, 2015
Start: 26/11/2015 09:00
End: 26/11/2015 18:30

O xoves 26 de novembro o alumnado de 3º da ESO visitará os museos científicos da Coruña.

No Domus  a sala de exposicións e unha sesión de Magnavisión e na Casa das Ciencias a sala de exposicións e unha sesión no Planetario.

 

Start: 26/11/2015 09:00
End: 26/11/2015 14:25

O xoves 26 de novembro o alumnado de 2º da ESO asistirá a un concerto didáctico en Santiago de Compostela acompañados polo profesor Xavier e pola profesora Teté.

Start: 26/11/2015 09:00

Nestes días de novembro temos no instituto un bo feixe de xogos tradicionais. Trátase dun préstamo que nos fai a asociación de xogos tradicionais de Bueu. Mirade que ben o pasan os nosos alumnos do Illa de Ons:

Start: 26/11/2015 09:00
End: 26/11/2015 14:25

O xoves 26 de novembro  o alumnado de 4º ESO de PDC asistirá acompañado polo profesor Xoán e a profesora Sonia, a unha visita ao Museo do Mar de Vigo.

 

Distribuir contido