Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 26, 2015
Start: 26/10/2015 16:00
End: 26/10/2015 17:40

O próximo luns día 26 disfrutaremos no centro co grupo de música tradicional Retrouso, de Cela.

Haberá dúas sesións, a primeira  co alumnado de 1º e 2º da ESO, e a segunda sesión co alumnado de 3º e 4º ESO.

Luns Novembro 09, 2015
Start: 09/11/2015 17:49

Os pasados días 5 e 6 de novembro tivemos a visita de algúns membros do club de remo da nosa vila. Ademais dunha charla acompañada dun interesante audiovisual poidemos probar a nosa habilidade como remeiros nuns aparellos chamados "remoergómetros" nos que se practica o remo "en seco". Aquí van un par de fotos:

Por certo que o rapaz de vermello que vedes no centro é Óscar, antigo alumno do noso centro e remeiro de alto nivel na actualidade. A ver se despois desta visita se animan algúns alumnos e alumnas a practicar o fermoso deporte do remo.

Venres Novembro 13, 2015
Start: 13/11/2015 09:00
End: 13/11/2015 16:30

O vindeiro venres 13 terá lugar unha nova actividade co alumnado de 1º curso. Volveremos a exercitar as nosas pernas percorrendo a rota de sendeirismo que nos levará do instituto ó Cabo Udra. Alí os monitores da Aula da Natureza guiarannos polo cabo explicándonos particularidades botánicas, xeolóxicas e faunísticas deste valioso enclave. Despois de xantar voltaremos camiñando de novo ó instituto, onde remataremos a actividade. Colgaremos algunha foto en canto sexa posible.

Start: 13/11/2015 09:00

A actividade de sendeirismo a Cabo Udra foi todo un éxito. Tivemos un bo día e poidemos disfrutar do paseo, das praias e da visita guiada polo entorno da aula da natureza. Estes alumnos de 1º son uns fenómenos. Na praia de Mourisca fixemos torres humanas e carreiras de cabalos. Mirade que fotos máis guapas.

Distribuir contido