O pasado día 1 de outubro tivo lugar a primeira actividade deste curso 2015-16. Foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física en colaboración co concello e consistiu nunha visita guiada ás excavacións das mámoas do polígono industrial de Castiñeiras.
Alí os nosos alumno/as de 1º tiveron a ocasión de seguir as explicacións do encargado das excavacións.
Para completar a xornada, fixemos unha rota de sendeirismo pola Serra da Madalena dende onde tivemos unhas magníficas vistas do val de Coiro e tamén da ría de Aldán.
Esta foi a primeira das moitas actividades que os nosos novos alumnos de 1º terán ó longo dos vindeiros 4 anos no IES "ILLA DE ONS".
Que as disfruten!!