Iniciar sesión |
EventosXoves Outubro 01, 2015
Start: 01/10/2015 09:00
End: 01/10/2015 14:00
O pasado día 1 de outubro tivo lugar a primeira actividade deste curso 2015-16. Foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física en colaboración co concello e consistiu nunha visita guiada ás excavacións das mámoas do polígono industrial de Castiñeiras. Alí os nosos alumno/as de 1º tiveron a ocasión de seguir as explicacións do encargado das excavacións. Para completar a xornada, fixemos unha rota de sendeirismo pola Serra da Madalena dende onde tivemos unhas magníficas vistas do val de Coiro e tamén da ría de Aldán. Esta foi a primeira das moitas actividades que os nosos novos alumnos de 1º terán ó longo dos vindeiros 4 anos no IES "ILLA DE ONS". Que as disfruten!! Start: 01/10/2015 10:50
O alumnado de 1º da ESO, visitará hoxe as mámoas de Castiñeiras, situadas no polígono industrial e tamén faran unha ruta de sendeirismo pola zona. Os profesores acompañantes serán Toño Omil do departamento de Educación Física e Xavier Castiñeiras do departamento de Música. Luns Outubro 26, 2015
Start: 26/10/2015 16:00
End: 26/10/2015 17:40
O próximo luns día 26 disfrutaremos no centro co grupo de música tradicional Retrouso, de Cela. Haberá dúas sesións, a primeira co alumnado de 1º e 2º da ESO, e a segunda sesión co alumnado de 3º e 4º ESO. |
Eventos
|