Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 21, 2014
Start: 21/11/2014 10:00
End: 21/11/2014 14:25

 

Músicas do cinema español

 

 

 

A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá un concerto didáctico, incluído dentro do ciclo de cine Cineuropa, no que interpretará bandas sonoras acompañados de imaxes dos filmes La Mula, Mortadelo y Filemón, El Capitán Alatriste, Mar adentro, Bienvenido Mr. Marshall.

 

 

Venres 21 novembro 2014

 

12:00  horas

 

Auditorio de Galicia (Santiago)

 

 

 

Luns Novembro 24, 2014
Start: 24/11/2014 16:30

O SEGREDO DE UXIA

O luns 24 de Novembro todo o alumnado do centro asistirá á representación da obra de teatro "O Segredo de Uxía", que terá lugar ás 16:30 no IES Johan Carballeira.

 

 

O espectáculo teatral formativo está escrito e dirixido polo pedagogo padronés Ramón Torrente.

 

A obra pretende concienciar á sociedade e sacar á luz os malos tratos e os abusos que sofren moitos nenos na súa infancia por parte dos proxenitores, "para aprender deste xeito dos erros e que non volvan nunca máis a ocorrer".  O segredo de Uxía, segundo explica Torrente García, a obra é unha "reformulación total" da estreada en Padrón o pasado ano, na que participaban nove actores. "Agora tan só son dous e ademais da temática que se expón, lánzase unha mensaxe positiva", di o seu autor, quen sinala que en O Segredo de Uxía, combináse ademais dos diálogos, música, coreografías, vídeos e "un compendio de distintas cousas que fan da obra, todo un espectáculo".

 

 

Xoves Novembro 27, 2014
Start: 27/11/2014 09:40

TALLERES CIBERACOSO

O xoves 27 de Novembro levaranse a cabo no noso centro uns talleres sobre Ciberacoso para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Serán impartidos polo pedagogo padronés Ramón Torrente.

Mércores Decembro 17, 2014
Start: 17/12/2014 11:55

Como parte do plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e como   reamate de tódalas actividades realizadas sobre este tema, esta semana teremos no IES dúas charlas sobre a Violencia de Xénero impartidas por membros da Garda Civil de Cangas. Unha delas terá lugar o mércores 17 para o alumnado de 1º e 2º de ESO e a outra será o xoves 18 para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Venres Decembro 19, 2014
Start: 19/12/2014 10:00

O vindeiro venres 19, derradeiro día lectivo do primeiro trimestre deste curso 2014-2015, terá lugar, nas inmediacións do noso instituto, a xa tradicional CARREIRA SOLIDARIA. Neste evento, o alumnado do ILLA DE ONS  e do JOHÁN CARBALLEIRA, correrán en favor dos nenos e nenas de MALI. Nos días previos os participantes buscarán patrocinadores entre os seus familiares e amigos solicitándolles unha pequena colaboración económica comprometéndose a cambio a participar na carreira. Os cartos recadados entre todos serán donados á organización SAVE THE CHILDREN que loita pola infancia de países desfavorecidos. A carreira non é competitiva, senón festiva, na que todos somos gañadores. VEN CORRER CON NÓS!!

Distribuir contido