O luns 28 de abril o alumnado de 4º ESO visitou o IES Johan Carballeira. Coñeceron as instalacións dos Ciclos medios de Estética persoal decorativa; Peiteado e cosmética capilar; Xestión administrativa; Soldadura e caldeiraría.
O martes 29 de abril fomos ó IES de Rodeira e o IES A Paralaia; no primeiro deles visitamos as instalacións do Ciclo medio de Instalacións de telecomunicacións e do Ciclo superior de Administración de sistemas informáticos en rede; e no segundo, coñecemos as talleres dos ciclos medios de Instalacións eléctricas e automáticas e de Mecanizado.