Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 21, 2013
Start: 21/05/2013 11:30
End: 21/05/2013 11:35

O pasado día 21 de maio tivo lugar a entrega de premios do torneo de bádminton. Este ano houbo moita participación e o torneo alongouse durante todo o mes de abril. Ademais disfrutamos dun gran nivel técnico sobre todo nas fases finais do mesmo. Algúns xogadores xa participaran no torneo do curso pasado e isto notouse moito. Finalmente a clasificación quedou así:

1º CICLO:   1º/ David Riobó.  2º/ Damián Barreiro.   3º/ Rubén Portela   4º/ Juan Santos.

2º CICLO:   1º/ Yoel Loira.     2º/ Agustín Piñeiro.     3º/ José López.      4º/ Álvaro Omil.

Aquí tendes as fotos cos gañadores do torneo:

Martes Xuño 04, 2013
Start: 04/06/2013 10:00
End: 04/06/2013 11:30

O luns, 3 de Xuño, tivemos unha xornada de portas abertas para ás familias do alumnado que ven o vindeiro curso para o noso centro.

O martes, 4 de Xuño, recibimos ao alumnado dos CEIPs adscritos; CEIP Montemogos e CEIP A Torre-Cela. Tamén nos visitaron alumnos/as do CEIP A Pedra que cursarán 1º ESO no noso centro.

 Esta é a vindeira promoción- Esperámosvos en setembro.

 

O alumnado de 2º ESO, dirixidos polo profesor de música, ofrecéronlles un pequeno concerto.

 

 

Visitaron unha aula de 1º ESO para que viran como se traballa co proxecto Abalar.

 

Visitaron o pabellón deportivo e algúns/as amosaron ás súas destrezas no rocódromo.

Distribuir contido