O martes 14 de maio estreamos nova actividade. Trátase dunha xornada variada na que participaron os departamentos de Ciencias, Ed. Física e Proxecto Interdisciplinar. A actividade comenzou en Punta Udra onde Miguel, o monitor da aula da natureza, nos explicou diferentes aspectos das peculiaridades botánicas e faunísticas desta zona tan importante e tan próxima ó noso centro. Despois de xantar camiñamos ata Bueu ó longo da rota que percorre a costa pasando polas praias de Mourisca, Tulla e Sartaxéns. Xa en Bueu achegámonos ó Museo Massó onde as monitoras nos falaron sobre o importante papel que esta industria conserveira tivo na historia da Galiza en xeral e en concreto no Morrazo e en Bueu. Vimos máquinas, artes de pesca, embarcacións, fotos e vídeos procedentes da historia recente da nosa vila. Durante unha hora retrocedemos á historia dos nosos pais e avós pois só coñecendo de onde vimos poderemos comprender quen somos.