![BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO](/centros/iesillaons/system/files/u25/14401_1_crop_png.jpg)
O xoves IMOS Á BANDA. Saímos, segundos e terceiros de ESO, ás nove da mañá cara a Santiago para escoitar á Banda Municipal de Música e a Alejandro Szabo co seu bandoneón. As composicións serán de M. Morés, A. Piazzola e C. Gardel. Contamos estar de volta para coller os autobuses das 14:25. Imos coa música a outra parte.
![BANDONEONISTA: ALEJANDRO SZABO](/centros/iesillaons/system/files/u25/alejandro-szabo-band-300p.jpg)