O pasado 1 de marzo tivo lugar en Donón a tradicional actividade de escalada. Un ano máis o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido e traballado no ximnasio durante as semanas previas. Se ata entón tiveron que trepar en rocódromo e aprender a manexar as cordas, os mecanismos de retención e o nó empregado para encordarse, en Donón tiveron que aplicar todo o aprendido á roca granítica que caracteriza a paisaxe da nosa costa. Escalar, asegurar ó compañeiro, rapelar... todo iso no fermoso entorno dos acantilados de Donón e co monte Facho en fronte. Que máis se pode pedir!!