O pasado día 24 de novembro tivo lugar a actividade de Carreira de Orientación no Lago de Castiñeiras. Deste xeito os nosos alumnos de 3º poñían en práctica todo o aprendido no instituto sobre este deporte durante as semanas previas á actividade.
Despois dunha dura proba por equipos na que os mellores clasificados rondaron un tempo de 55', chegou o momento do xantar para repoñer forzas antes de continuar.
A continuación comezamos o paseo que nos levaría do Lago de Castiñeiras ata Moaña ó longo da GR-59 durante o primeiro tramo:
e despois pola Rota da Fraga onde camiñamos a carón do fermoso río da Fraga e dos seus muíños
ata rematar en Moaña a onde algúns e algunhas chegaron xa bastante averiados. Non sei que fan en clase de Ed.Física que non teñen aguante ningún...