Iniciar sesión |
EventosXoves Novembro 24, 2011
Start: 24/11/2011 09:00
End: 24/11/2011 18:30
O pasado día 24 de novembro tivo lugar a actividade de Carreira de Orientación no Lago de Castiñeiras. Deste xeito os nosos alumnos de 3º poñían en práctica todo o aprendido no instituto sobre este deporte durante as semanas previas á actividade.
Despois dunha dura proba por equipos na que os mellores clasificados rondaron un tempo de 55', chegou o momento do xantar para repoñer forzas antes de continuar. A continuación comezamos o paseo que nos levaría do Lago de Castiñeiras ata Moaña ó longo da GR-59 durante o primeiro tramo: e despois pola Rota da Fraga onde camiñamos a carón do fermoso río da Fraga e dos seus muíños ata rematar en Moaña a onde algúns e algunhas chegaron xa bastante averiados. Non sei que fan en clase de Ed.Física que non teñen aguante ningún... Luns Decembro 19, 2011
Start: 19/12/2011 09:40
End: 19/12/2011 13:35
Taller de Alimentación e Nutrición para 3º ESO impartido pola Cruz Vermella de Pontevedra. Martes Decembro 20, 2011
Start: 20/12/2011 09:40
End: 20/12/2011 13:35
Taller de Sexualidade para 4º ESO impartido pola Cruz Vermella de Pontevedra. |
Eventos
|