Equipo de Dinamización da Lingua Galega
En Verín, en Galego
Enviado por admin o Xov, 21/12/2017 - 12:22A visita de Iván Olmos Ferreiro
Enviado por admin o Ven, 17/11/2017 - 11:01Os alumnos e alumnas do IES García Barbón recibiron a visita de Iván Olmos Ferreiro, subcampión mundial de discursos e segundo mellor orador do mundo en español, quen lles impartiu varios talleres de oratoria e retórica para melloraren a súa habilidade para falar en público. Realizáronse un total de 5 talleres: dous para as aulas de 1º de Bacharelato e outros 3 para os alumnos dos ciclos medio e superior de FP en Administración e Finanzas.
Nos talleres, os rapaces puideron adquirir coñecementos sobre as diferentes ferramentas que podemos empregar para aumentar a nosa capacidade de persuasión cando falamos en público, así como estudar as distintas canles de comunicación non verbal existentes e iniciarse no mundo da argumentación e da lóxica para construír argumentos de forma coherente e eficaz. Todos eles realizaron diferentes dinámicas prácticas, adaptadas a cadanseu nivel, para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o taller.
As chamadas habilidades brandas e, entre elas, a oratoria teñen enorme importancia para fortalecer o desenvolvemento académico e profesional das persoas. É por isto que IES García Barbón levou a práctica destas habilidades e a adquisición de conceptos teóricos sobre a mesma a este rapaces de Verín, para que poidan aplicalas na súa vida cotiá e laboral.
Iván Olmos Ferreiro é un limián de 23 anos con varios anos de experiencia como formador en técnicas profesionais de oratoria, debate e negociación. Graduado en Comunicación Audiovisual e con mestrado en Adminsitración e Dirección de Empresas, traballa como formador e consultor para diversas empresas e institucións.
Charla sobre "Oratoria e debate" a cargo de Iván Olmos Ferreiro.
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 10:01Outono fotográfico
Enviado por admin o Mar, 07/11/2017 - 11:22O Clube de Lectura con Antón Riveiro Coello
Enviado por admin o Lun, 13/03/2017 - 10:59
O pasado venres 10 de Marzo o Clube de Lectura de Bac e Ciclos do IES García Barbón, asistiu a unha tertulia co autor de "A ferida do vento", Antón Riveiro Coello, no Museo da Limia en Xinzo. Conversamos sobre a súa última novela, sobre a figura de Carlos Casares, o homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e descubrimos os trucos que a ficción pode ter...Únete ó Clube e saberalos ti tamén!
AQUÍ E AGORA: Obradoiro de poesía con Xabier Xil Xardón
Enviado por admin o Mér, 08/03/2017 - 17:53
Obradoiro de escrita poética con Xabier Xil Xardón realizado o 6 de marzo.O alumnado reflexionou sobre a escrita, a creación e achegouse á linguaxe poética da man de Xabier Xardón, poeta actual.