Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Un conto de Samaín teatralizado
Enviado por admin o Xov, 03/11/2016 - 21:09O venres 28 de outubro, alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e F.P. Básica asistiron a un conto teatralizado do Samaín, "Ollo de pau".
Facendo Ciencia en Galego
Enviado por admin o Mar, 31/05/2016 - 23:07Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar, quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!!
Pegadas literarias, Día do Libro 2016
Enviado por admin o Ven, 27/05/2016 - 09:51Por mor da celebración do Día do libro os rapaces de FP Básica, Bacharelato e os profesores do centro realizamos unha actividade a que chamamos “Pegadas literarias” e “Castelos literarios” onde houbo recomendacións literarias e un percorrido por diferentes autores, obras e personaxes vencellados á literatura universal . De todo o noso traballo deixámosvos unha mostra.
Xuntanza do Club de Lectura
Enviado por admin o Mar, 03/11/2015 - 18:27O pasado luns, 26 de outubro tivo lugar a primeira xuntanza dos clubs de lectura do noso Instituto. Por unha banda reuniuse o Club de Galego que despois da presentación e organización de horarios decidiron, que como estaba preto o Samaín, facer o xogo do Cadáver exquisito que tivo como resultado final a historia que amosa a fotografía seguinte.
Logo fixeron un comentario das lecturas fantásticas e de terror que elexiran para ese día.
O escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 12/05/2015 - 12:43CONCERTO EMILIO RÚA MARTES 21 DE 5.30 A 7 NO SALÓN DE ACTOS DO IES GARCÍA BARBÓN:::
Enviado por admin o Xov, 16/06/2011 - 12:00Desde o EDL [Equipo de Dinamización da Lingua Galega] do IES García Barbón temos a ben anunciarvos a actuación prevista para o vindeiro MARTES 21 DE XUÑO no SALÓN DE ACTOS do centro do cantautor EMILIO RÚA.
Emilio Rúa ten publicados os seguintes discos no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000 ), Vida Miña ( Boa Music 2006), Interior ( Pai Música 2010).Colabora habitualmente con destacadas personalidades no mundo da música coma Uxía, Xosé Manuel Budiño, Luís Tosar, Xosé Carlos Caneiro, Guadi Galego, Quin Farinha, Tony Lomba, Manolo Rivas, etc.Gañou no 1999 o primeiro Premio no festival local de Verín Lluvia como Risa Furiosa. Colaborou en distintos proxectos do audiovisual galego coma o documental En Son de Paz do Instituto Galego de Educación para a Paz co tema musical firmado por Emilio Rúa En Nome da Paz do CD Vida Miña. Cantou e actuou na longametraxe de Ignacio Vilar Pradolongo. É o protagonista de videoclips musicais como Búscame (Boa Music ), Seres de Ficción ( CRTVG-Xabarín Club ), Interior ( PAI Música ) . Emilio Rúa chega ao IES GARCÍA BARBÓN de man dunha alumna de 2º de Bacharelato (Paula Vivián) con quen interpretará algunha peza, pero será un concerto con sorpresas e emotivo ao ser a despedida deste curso 2010/2011 e ao interpretar algún texto composto por alumnado do centro.
preme AQUÍ se queres ver videos de EMILIO RÚA
máis info en www.chumaceira.blogspot.com
Xusta Poética no Castelo de Monterrei:::
Enviado por admin o Xov, 19/05/2011 - 12:29
O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá o vindeiro venres 27 durante a mañá ao castelo de Monterrei para facer unha actividade didáctica que ten como obxectivo recrear os tempos de final do medievo, aprender un pouquiño de literatura da época e coñecer o baluarte histórico, referencia cultural da comarca.
O venres 20 na aula 11 hai unha reunión para todo o alumnado que desexe participar. Débense entregar as autorizacións antes do vindeiro mércores.
VIDEOarte COA TÚA PARTE
Enviado por admin o Xov, 12/05/2011 - 11:18Desde o IES GARCÍA BARBÓN queremos convidar a toda a comunidade educativa tanto do noso centro coma dos centros integrados na coordinadora comarcal a participar no certame de videocreación "videoarte coa túa parte". Neste blog iremos colgando as novidades e solucionando as dúbidas que poidan xurdir. De momento podemos consultar as bases, que son estas:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5