Taboleiro de Anuncios, Xunta de Delegados, Exames, Bolsas, Ofertas de Emprego
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016
Enviado por admin o Mar, 29/03/2016 - 17:08A Xunta convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Preme na imaxe para ver a convocatoria:
Consellos e recursos pedagóxicos para aprender unha lingua estranxeira
Enviado por admin o Mar, 29/03/2016 - 16:58A profesora Rosa María Roldán González facilita uns consellos moi útiles para o estudo das distintas linguas estranxeiras, especialmente o inglés.
As actividades de información e promoción da oferta formativa no Barrios de marzo (2016)
Enviado por admin o Xov, 17/03/2016 - 13:45Análise no periódico Barrios, no seu número de marzo, das actividades desenvolvidas polo IES García Barbón nas Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego.
O IES García Barbón estará presente na X edición do Premio Espiral Edublogs 2016
Enviado por admin o Xov, 17/03/2016 - 01:26Este instituto tenta ir incluíndo, cada vez máis, as novas tecnoloxías na formación dos nosos alumnos. Por este motivo xurdiron estes blogs que agora optan a este prestixioso premio.
Valoración do stand na Feira de San Lázaro e da xornadas de portas abertas
Enviado por admin o Mar, 15/03/2016 - 14:43O pasado fin de semana, coincidindo coas festas do Lázaro, o IES García Barbón contou cun stand na feira e realizou unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa actividade e oferta formativa.
Considéranse un éxito, especialmente o stand (que era a primeira vez que se realizaba). Moitas grazas a todas as persoas que se pararon por este, ás que preguntaron e ás que nos felicitaron pola iniciativa. Grazas tamén a Julia Morales polo seu traballo intenso na organización desta Feira do Lázaro. Igualmente, moitas gracias a xente que pasou polo instituto co fin de coñecernos. E, como non, grazas a todas as persoas que o fixeron posible (profesores, alumnos,...).
Resultado do sorteo dunha tablet para a excursión de 1º de Bacharelato
Enviado por admin o Dom, 13/03/2016 - 20:02
O número afortunado é o 0631. Se tes este número lembra que tes un prazo de 15 días, é dicir, ata o 28 de marzo para recoller o premio. Felicidades !!!!
Xornadas de portas abertas e stand na Feira de San Lázaro
Enviado por admin o Ven, 11/03/2016 - 11:53O IES García Barbón estará presente na Feira de San Lázaro, alí contará cunha caseta onde se facilitará información acerca da oferta informativa e das instalacións coas que conta. O horario na feira será dende as 10 h ata ás 20 h os días 12 e 13 de marzo (sábado e domingo).
Ademais, aproveitarase para realizar unha xornada de portas abertas no propio instituto. Así, poderase coñecer, ademais da oferta formativa, as instalacións e os medios cos que se conta neste instituto. Podedes achegarvos o sábado en horario de 17 h ás 20 h e o domingo de 11 h ás 14 h e de 17 h ás 20 h.
Tanto no stand como no instituto, estarán presentes profesores e alumnos, que poderán achegar aos visitantes as súas experiencias.
Só faltas ti!
Resumo das Xornadas de Orientación 2016
Enviado por admin o Ven, 11/03/2016 - 00:54Neste esquema pódese consultar toda a información sobre as Xornadas de Orientación 2016. A partir de agora xa estamos a pensar nas do ano que vén!
Avaliación das Xornadas de Orientación (7 de marzo de 2016)
Enviado por admin o Ven, 11/03/2016 - 00:42Esta é a avaliación do segundo día, 7 de marzo, das Xornadas de Información Académica e Orientación Académica 2016.
Doazón de sangue no IES García Barbón
Enviado por admin o Mér, 09/03/2016 - 18:05O vindeiro martes, 15 de marzo, a unidade móbil de doazón de sangue estará ao carón do instituto dende as 10:30 ata ás 14:00. Se é a primeira vez que doas, leva o DNI. Precisámosche!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »