Taboleiro de Anuncios, Xunta de Delegados, Exames, Bolsas, Ofertas de Emprego
Vídeos: resumos dás Xornadas de Orientación
Enviado por admin o Mar, 08/03/2016 - 11:24- Primeiro día
- Segundo día
Xa só quédanos agradecer a toda a xente que fixo que estas xornadas puidésense realizar e que fosen un éxito. Xa estamos a pensar en repetir experiencia o ano que vén de novo!
Segundo día das Xornadas de Orientación (7-03-2016)
Enviado por admin o Lun, 07/03/2016 - 18:54Este luns continuamos coas xornadas e como podedes comprobar volve haber charlas e mesas redondas de temas candentes que vos atañen para vosa futura decisión.
Consellos entre estudantes nas Xornadas de Orientación
Enviado por admin o Lun, 07/03/2016 - 14:37Os nosos alumnos, porque sempre o serán, e que xa acabaron os seus estudos nalgunha das ofertas formativas do IES García Barbón, tamén participan nestas xornadas. Cóntannos como lles foi, que impresións lles que quedaron dos estudos realizados e as saídas que lles abriron. A eles, moitas gracias!
Primeiro día das Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego
Enviado por admin o Dom, 06/03/2016 - 02:44Este venres, 4 de marzo, iniciáronse no noso instituto as xornadas. Contamos cunha ampla variedade de charlas e coloquios como podes comprobar no programa:
Pensamos que resultaron moi interesantes cada unha delas, pero non só dicímolo nós. Aquí podedes ver a avaliación, mesturadas con algunhas fotos dos actos, que realizaron delas os asistentes:
Agradecemos a asistencia e o interese por parte do alumnado e esperamos que lle esteades sacando proveito.
Este luns, 7 de marzo, acabaremos estas xornadas con sesións de mañá e tarde. Esperamos a vosa presenza!
O IES García Barbón no xornal La Región coas Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego
Enviado por admin o Ven, 04/03/2016 - 12:40O xornal La Región informa sobre as "Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego". Isto fala do esforzo que realiza este instituto para achegar a información precisa para que todo alumno poida escoller con total liberdade na ampla oferta que teñen ao seu alcance.
(pulsa nos logos para ir á nova desta información)
Excursión do IES García Barbón á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda
Enviado por admin o Ven, 04/03/2016 - 12:25Os alumnos, tanto de bacharelato como de ciclos de formación profesional, puideron gozar o pasado 3 de marzo dunha xornada na neve. Sen dúbida, pasárono moi ben.
Prazos de admisión e matricula do alumnado de Bacharelato
Enviado por admin o Mér, 02/03/2016 - 00:32Non te despistes! Aínda que os prazos son amplos, tes que ter coidado. Se tes algunha dúbida sobre este proceso, diríxeche a secretaría ou ao teu titor se es xa un alumno do noso instituto.
Oferta formativa do IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 01/03/2016 - 18:01Tes dúbidas que estudos escoller? Aquí tedes a oferta do IES García Barbón:
A túa participación nas xornadas de Orientación é fundamental
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 12:00Sen ti, isto non ten sentido. Ao longo destas xornadas poderás coñecer información sobre distintas posibilidades académicas que tes ao teu alcance. Faino polo teu futuro!
Datas de exames e avaliacións (3º trimestre)
Enviado por admin o Xov, 25/02/2016 - 14:13Aquí tedes as datas dos exames e as avaliacións desta terceira avaliación. Ánimo, que xa queda pouco!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »