Xornadas de portas abertas e stand na Feira de San Lázaro
O IES García Barbón estará presente na Feira de San Lázaro, alí contará cunha caseta onde se facilitará información acerca da oferta informativa e das instalacións coas que conta. O horario na feira será dende as 10 h ata ás 20 h os días 12 e 13 de marzo (sábado e domingo).
Ademais, aproveitarase para realizar unha xornada de portas abertas no propio instituto. Así, poderase coñecer, ademais da oferta formativa, as instalacións e os medios cos que se conta neste instituto. Podedes achegarvos o sábado en horario de 17 h ás 20 h e o domingo de 11 h ás 14 h e de 17 h ás 20 h.
Tanto no stand como no instituto, estarán presentes profesores e alumnos, que poderán achegar aos visitantes as súas experiencias.
Só faltas ti!