bitácorea de admin
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mar, 21/10/2014 - 12:45Profesorado:
Carrera Afonso, Noa - XEFA DEPARTAMENTO
Nieto Clemente, María Rosa
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Lun, 20/10/2014 - 15:20Profesorado
José Ángel Martín Bermejo - XEFE DEPARTAMENTO + PLAMBE
Convocatoria eleccións representantes Consello Escolar
Enviado por admin o Ven, 25/10/2024 - 17:48De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sosƟdos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, nos seguintes sectores:
- Sector de pais, nais e titoras legais
- Sector do alumnado
- Sector do profesorado
Poderanse presentar candidaturas a partid do día 28 de outubro de 2024 ata as 14 horas do día 7 de novembro. O sorteo dos membros das mesas electorais realizarease o 12 de novembro ás 11:20 na biblioteca e a campaña electoral realizarase entre o 15 e o 20 de novembro, sendo as votación o día 22 de novembro:
- Sector de pais, nais e titoras legais - De 12 a 13h
- Sector do alumnado - De 9:40 a 11:20
- Sector do profesorado - Ás 11:20
Podedes ver toda a información nos documentos adxuntos.
Eleccións ao Consello Escolar 2024
Enviado por admin o Xov, 17/10/2024 - 07:47De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN de 10 de septiembre de 2024, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.
A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:
- Presidenta: Directora
- Xefa de Estudos de Diurno
- Xefe de Estudos de Adultos
- 1 Representante do Concello
- 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
- Secretaria (con voz, pero sen voto)
- 7 Representantes do Profesorado
- 3 Representantes de Pais/Nais
- 4 Representantes do Alumnado
- 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos
Nas presentes eleccións cómpre renovar aos seguintes membros por sectores:
- 5 Representantes do Profesorado
- 4 Representantes do Alumnado
- 3 Representantes de Pais-Nais
Toda a información relativa ó proceso electoral atoparase no taboleiro do vestíbulo.
Libros de texto Curso 2024/2025
Enviado por admin o Dom, 22/09/2024 - 11:38Documento que recolle os diferentes libros de texto empregados nas diferentes materias durante o curso 2024/2025.
Probas libres ciclos IES García Barbón
Enviado por admin o Ven, 07/06/2024 - 09:12Ante a convocatoria de probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE) 2023-2024. Publicase as programacións (como documento adxunto), dos seguintes ciclos:
- CM Electromecánica de Vehículos
- CS Hixiene Bucodental
Tamén se publica o calendario das probas:
- Horario das probas libres
Charla sobre toponimia de Verín
Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 19:17No venres 24 de maio dentro das actividades relacionados co mes das Letras Galrgas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza a charla: Charla sobre a toponimia de Verín impartida por Vicente Feijoo Ares (Real Academia Galega).
Consulta de programacións Bacharelato
Enviado por admin o Xov, 09/05/2024 - 22:35As programacións de todas as materias de Bacharelato pódense consultar a través da seguinte url: https://www.edu.xunta.gal/proens/AccesoPublicoListaxe.action
Marcando o códigodos IES García-Barbón: 32013582
Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 30/04/2024 - 14:20
No IES García Barbón continúase coa impartición, gratuita, dos cursos sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...
O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 13 e o 27 de maio, ambos incluídos, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.
Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »