bitácorea de admin
Bo Nadal e Feliz Ano Novo
Enviado por admin o Ven, 22/12/2023 - 11:07O IES García Barbón deséxavos Bo Nadal e Feliz Ano Novo!!!
Felicitación de Nadal deseñada por Daniela Atanes Álvarez de 1º de Bacharelato
Uso do teléfono móbil no centro educativo
Enviado por admin o Dom, 10/12/2023 - 14:09En base a normativa vixente:
Artigo 19. Normas de convivencia
4. Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica.
- Normas organización e funcionamento (NOF IES García Barbón)
2.2 Sobre a permanencia no centro
19. Está totalmente prohibido gravar ou difundir imaxes ou audios de calquera membro da comunidade escolar sen a súa autorización. Non está permitido o uso de móbiles e demais dispositivos electrónicos en horario lectivo e en todo o recinto escolar, excepto para uso docente ou actividades pedagóxicas así como na hora do recreo.
Todo alumnado que use o móbil en horario lectivo será sancionado, en base a esta normativa.
Exame Formación e Orientación Laboral pendente Coidados Auxiliares de Enfermaría
Enviado por admin o Ven, 24/11/2023 - 09:51Infórmase que o exame de Formación e Orientación Laboral da materia pendente de CM Coidados Auxiliares de Enfermaría será o 13 de decembro ás 10 horas.
Curtametraxe "Oda a un vampiro"
Enviado por admin o Xov, 02/11/2023 - 10:08O alumnado de 1º CM de Xestión Administrativo, elaborou para os relatos de Samaín unha curtametraxe que se presentou na biblioteca o pasado día 31. Agora podedes disfrutar del no Youtube.
NOVA EDICIÓN CURSO GRATUITO CAPACITACIÓN DIXITAL NO @Iesbarbon - DATAS: 17 ao 31 de OUTUBRO
Enviado por admin o Ven, 06/10/2023 - 16:56
Nova edición Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón
No IES García Barbón vaise a impartir unha nova edición do curso formativo gratuito, sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. Este curso da continuidade a primeira edición que tivo moi boa acollida e na que as persoas están adquirindo habilidades co manexo do ordenador e o móbil como é enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...
O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 17 e o 30 de outubro, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.
Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.
Este curso é financiado pola Unión Europea con Fondos NextGenerationEU, e o Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Ministerior de Educación y Formación Profesional y la Xunta de Galicia.
LINGUA DE SIGNOS - BIBLIOTECA IES GARCÍA BARBÓN - MÉRCORES DE OUTUBRO
Enviado por admin o Xov, 05/10/2023 - 18:16Na biblioteca do @iesbarbon temos durante os mércores do mes de Outubro gracias a nosa compañeira Carolina () :
LINGUA DE SIGNOS
Todos sodes benvidos!!
@biblioteca.barbon.verin @EDLG. garciabarbon
#EUESTUDONOBARBON
Libros de texto Curso 2023/2024
Enviado por admin o Sáb, 23/09/2023 - 11:29A continuación deixase un documento que recolle todos os libros de texto para o curso 2023/2024: https://docs.google.com/spreadsheets/d/1PuR7SzGHK-GdOzZ6vbYqulffISBiETOMk6Dv88_7e0g/edit?usp=sharing
CURSO GRATUITO COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS
Enviado por admin o Sáb, 16/09/2023 - 14:14Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón
No IES García Barbón vaise a impartir un curso formativo gratuito, sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...
O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 2 e o 16 de outubro, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.
Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.
Presentacións inicio de curso 2023/2024
Enviado por admin o Ven, 15/09/2023 - 23:00Presentación empregada ao comezo do curso 2023/2024 tanto para alumnado como familas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »