Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

IMPORTANTE: ATENCIÓN TELEFÓNICA

Informamos que o número preferente para a

atención telefónica durante o período excepcional é

656851961

INSTRUCIÓNS AULA VIRTUAL

IMPORTANTE

Debido á situación especial na que estamos, indicamos aquí unhas breves instrucións sobre o acceso á Aula Virtual.

Por defecto, o alumnado non terá que usar o seu nome de usuaria/o e o seu contrasinal para acceder a todos os contidos dos cursos.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

Neste enlace (http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus​​)  pódense consultar as Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS A CONSECUENCIA DO VIRUS COVID-19.

Segundo información da Inspección Educativa, "Suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia, oficialmente, o luns 16 de marzo de 2020, e de xeito recomendable, a partir de mañá 13 de marzo de 2020."

Mellores Expedientes 2019.

Outro ano máis o alumnado do IES PLurilingüe Fontexería consigue estar entre os mellores expedientes de Galicia.

Parabéns a Lara Senande e Breixo Gómez!!!!

                           

Parabéns ao equipo finalista do concurso Enerxía Con Conciencia

Parabéns ao grupo de 3º de ESO que foi finalista no V Campionato Enerxía Con Conciencia, convocado pola Fundación Repsol, e que se celebrou en MAdrid o pasado 27 de xuño.

Podedes ver o vídeo na seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=10&v=tlHug_bw2xg

Parabéns ás Xardas de 2º de Bacharelato

O venres 28 de xuño, nas oficinas de Altia, as compoñentes do equipo Xarda recibiron o premio da I edición do Desafío GenTech. Foi moi emotivo o gran aplauso con que os traballadores e traballadoras da empresa as recibiron. 
Tras unha reunión informal co xurado e representantes da empresa para falar das motivacións que as levaron a participar no concurso e das súas expectativas na súa nova etapa universitaria, recibiron un agasallo como mostra de recoñecemento ao traballo que presentaron ao concurso.
Parabéns equipo e sorte na nova andaina que iniciades!!!

Un Grupo de catro alumnas de 2º Bacharelato premiadas na I Edición do Desafío GenTech da empresa Altia.

O grupo "XARDA", formado por Maruxa Fiúza Tajes, Eva Pérez Gómez, Paula Portals Lestón e Antía Rey Abeijón, alumnas de 2º Bacharelato no IES Plurilingüe Fontexería, co proxecto titulado "Cam-bio",  gañador da I Edición do Desafío GenTech da empresa Altia. O xurado de Altia resolve por unanimidade que o seu é "o traballo que mellor se axusta aos criterios de orixinalidade e calidade, grao de innovación, xeración de valor engadido no ámbito para o que se presenta e viabilidade técnica."

VI Carreira Pedestre

O vindeiro día 21, coincidindo coa finalización das clases, celebraremos a VI Carreira Pedestre do IES Fontexería.

Este ano, os ingresos que se recaden por inscricións serán destinados a colaborar coa organización Médicos sen Fronteiras, en apoio das súas campañas en favor dos colectivos desfavorecidos e con necesidades médicas, nutricionais ou humanitarias.

A carreira conta coa colaboración da Policía Local e de Eleuterio Balayo SL.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut