Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

#entroidoxería...improvisando e agasallando

Nestas xornadas previas ao Entroido tamén houbo momentos para a improvisación (fundamentalmente en 2 ESO A e B, baixo a supervisión da profesora Olalla) que quedaron recollidos nesta pequena escolma, na que tamén está un video  coa entrega de agasallos aos mellores disfraces do venres 12... "

www.youtube.com/watch?v=QqyCmpHgbDE

Regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro).

O grupo de 2º ESO B, por iniciativa do alumno Javier González, compuxo unha serie de coplas de regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro).

Inicio das clases presenciais do 2º trimestre mañán venres 8 de xaneiro de 2021 ás 8:30.

Recordámoslle a toda a comunidade educativa que mañán venres 8 de xaneiro de 2021 ás 8:30 retomamos as clases presenciais no instituto no seu horario habitual.

#25novembre20

Travail des élèves de Français 2 Bac 2 Fle du Lycée Plurilingüe Fontexería/Muros (Adriana, Alba, Amadora, Carla, Carlos et Paloma) lors de la Journée contre les violences faites aux femmes 2020

 

Cliquez sur le lien pour la vidéo

O podcast do IES Plurilingüe Fontexería, "Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero", acada un dos premios do II Concurso de Podcasts Radio na Biblio.

O podcast presentado polo IES Plurilingüe Fontexería na categoría de ESO, Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero, acada un dos<

Dúas alumnas de 4º ESO fan unha reportaxe para a Voz de Galicia sobre a actividade pesqueira na vila de Muros.

As dúas alumnas, Iria Zubiela Núñez e Laura González Trillo, agora cursando 1º de Bacharelato no noso centro, coordinadas polo seu profesor de Economía Fernando Pérez Torres, fixeron a reportaxe pouco antes do confinamento no que investigaron o mercado do peixe na comarca muradana. Para iso fixeron varias entrevistas aos protagonistas dese mercado (mariñeiros, patróns, traballadores da lonxa, poxadores, etc). A reportaxe foi publicada en La Voz de Galicia o día 21 de outubro.

Volta segura ás aulas.

Enlace á páxina da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia para unha volta segura ás aulas:

Volvamos á Escola con Sentidiño.

Adiamento do inicio do curso 2020-2021 aos días 23, 24 e 25 de setembro.

Anunciouno o venres o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias. Enlace á páxina da Consellería.

 

Radio Fontexería: Confinamento nas Ondas

O alumnado de 1º ESO B1, baixo coordinación da docente de Lingua Galega Olalla Liñares, está desenvolvendo neste 3º trimestre un proxecto de radio. A través dun podcast que se pode escoitar aquí, cada semana elaboran un programa de radio baixo o nome Confinamento nas Ondas. O espazo inclúe contidos diversos: noticias, crónicas, entrevistas, narracións, poesía, regueifas, música, receitas de cociña, anuncios... Animámosvos a que escoitedes o programa.   

Nas redes de ponte...nas ondas!

 

Premede no enlace se queredes ver a divulgación do traballo do libro das Imaxes do Patrimonio 2...

http://pontenasondas.org/as-imaxes-do-patrimonio-unha-peneira-desde-muros/

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut