Skip to Content

Complementarias

Marcha polo bó trato

O alumnado de 1ºESO acudirá o venres 24N á Marcha polo bó trato organizada, como cada ano, polo Concello de Neda para os centros educativos. Podedes descargar aquí a autorización para a saída. 

Samaín 2023

Polo Samaín, coma sempre, tivemos castañada e moita música e disfraces. A rapazada creou un túnel do terror que fixo as delicias de todos, maiores e pequenos, e xunto aos profes e alumnos disfrazados, pasamos un bo rato. Botádelle un ollo á galería de fotos e o comprobaredes.

Visita de autores: Francisco Narla

Ler sobre a visita no blog do club de lectura.

Charla sobre consumo responsable con 1º e 2º da ESO

 

O alumnado dos cursos de 1º e 2º da ESO tivo a oportunidade de asistir no centro a unha charla sobre consumo responsable, organizada pola Escola Galega de Consumo. 

Nesta abordáronse diferentes aspectos sobre os xeitos de consumir coa finalidade de afondar na formación de consumidores e consumidoras concienciadas, responsables e comprometidos/as coa sostibilidade.

Charla sobre as verdades e trolas sobre as vacinas e a Covid

Os nosos alumnos de 4º ESO e 1º BAC asistiron á charla organizada por Violeta Miráz, profesora de inglés, responsable da BE do IES de Fene e, sobre todo, entusiasta da ciencia e a divulgación. Todo un pracer!!

Entroido 2020

As series en papiroflexia

Aproveitando que tiñamos a charla de María José Massanet sobre a literatura e as series e que era o tema elixido para o carnaval, os rapaces do obradoiro de papiroflexia aprotaron a súa visión delas cun fantástico traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut