Skip to Content

Viaxamos a Nüremberg

O pasado venres rematamos a mobilidade a Núremberg, Alemaña, no marco do proxecto KA2 Developing a Digital Academy (DADA). O CFR de Ferrol e as profesoras participantes no proxecto do IES de Fene e do IES Fernando Esquío, coordinadas polo CFR de Ferrol, participamos nunha reunión transnacional cos socios de Alemaña, Turquía e Reino Unido; en actividades formativas; en observación de clases e en visitas aos centros educativos participantes no proxecto: MS Preißler, MS Lauf e MS Röthenbach.

O obxectivo fundamental deste proxecto é contribuír á modernización e á transformación dixital dos centros e dos sistemas educativos europeos. As persoas participantes tamén puidemos familiarizarnos co sistema educativo alemán, coñecer de primeira man e compartir o traballo de diversos docentes europeos no eido dixital: proxectos, plataformas e apps.



blog | by Dr. Radut